Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 683 novas da área temática Exterior:

28/02/2026 | 17:10 | C. do Mar; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reunirase en Bruxelas co comisario de Agricultura e Alimentación para defender os intereses do sector primario galego ante o tratado UE-Mercosur e o novo marco financeiro europeo

Manterá unha xuntanza o martes co comisario para trasladarlle a posición da comunidade ante a entrada en vigor provisional do tratado e esixir que as salvagardas aprobadas polo Parlamento Europeo sexan activadas de maneira áxil e efectiva

27/02/2026 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa ‘IACOBUS’ promovido pola Xunta para impulsar a Cooperación Científica Transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal suma 163 candidaturas

Dos proxectos seleccionados, 113 correspóndense coa modalidade de Estancias de Investigación e 50 coa de Publicacións Científicas (‘Papers’)

27/02/2026 | 14:57 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza a seguridade viaria do Camiño de Inverno ao seu paso pola comarca de Valdeorras cun investimento de preto de 190.000€

O director de Turismo de Galicia visitou a nova senda creada, que se completa coa pasarela de madeira que afasta os peregrinos da vía do tren e da estrada local

26/02/2026 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa no reparto de fondos para actuacións en materia de acción humanitaria no marco do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a AECID

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE asistiu en Tenerife á reunión da Comisión de seguimento do convenio, na que participaron representantes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, da Federación Española de Municipios e Provincias e das 14 comunidades asinantes

26/02/2026 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Europea apoia a creación dun Punto de Coordinación Transfronteirizo na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal

O proxecto da AECT Galicia-Norte de Portugal foi aprobado para a fronteira hispano-lusa no marco do programa BRIDGEforEU como mecanismo de cooperación institucional e administrativa

24/02/2026 | 21:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor en Madrid o talento galego e a súa capacidade de proxección exterior

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe no XIX Premio Victoriano Reinoso, onde destacou que “o talento que nace na nosa terra pode competir ao máximo nivel en calquera lugar do mundo”

20/02/2026 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta eleva a Europa as demandas en relación ao Corredor Atlántico

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse con Julie Buy, conselleira do coordinador europeo do Corredor Atlántico

14/02/2026 | 10:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia mantén o seu compromiso coa promoción exterior participando en cinco feiras do sector este mes de febreiro

Galicia pechou 2025 cun incremento dos turistas internacionais do 3,5% sendo Estados Unidos un dos mercados que máis medrou cunha suba do 10,4%