Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 304 novas da área temática Audiovisual:

27/02/2025 | 13:49 | Axencia de Turismo de Galicia

Maná e Bright Eyes súmanse ao ambicioso cartel do Gozo Festival que consolida Galicia como sede de grandes concertos e citas internacionais

A cita celebra a súa  terceira edición en diferentes cidades de Galicia con figuras internacionais de renome como Anastacia, Lenny Kravitz, David Guetta, Alanis Morissette ou Lionel Richie

21/02/2025 | 12:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Director de Industrias Culturais subliña o papel do festival singular de Narón na profesionalización do monólogo como formato teatral

Anunciou que a Xunta abrirá nas próximas semanas a súa convocatoria anual de axudas a festivais de artes escénicas, a través da que en 2024 investiu 280.000 euros na organización de 12 encontros

19/02/2025 | 14:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede Galega de Música ao Vivo ofrece preto de 50 concertos de 36 artistas e grupos ata agosto

A Xunta de Galicia subvenciona o 100% das actuacións ao abeiro deste circuíto, ademais de cofinanciar o resto da programación musical das seis salas asociadas

14/02/2025 | 18:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove a cultura audiovisual desde idades temperás coa novena edición de ‘Pequefilmes’

López Campos sinala que esta proposta “cultiva tanto o gusto polo audiovisual como o espírito crítico da cativada”

06/02/2025 | 15:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Os XXIII Premios Mestre Mateo do Audiovisual terán a súa gala de entrega o 15 de marzo en Lalín co apoio da Xunta

A Academia Galega do Audiovisual organiza unha nova edición destes galardóns, á que concorren 199 obras e 536 profesionais

03/02/2025 | 14:41 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta inicia a difusión da nova edición do catálogo ‘Shorts from Galicia’ cunha selección de nove curtas

Comeza o seu percorrido polo mercado profesional no festival francés de Clermont-Ferrand, referente internacional no ámbito das curtametraxes

30/01/2025 | 15:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclúe concertos e unha web para fomentar o uso da lingua

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta esta celebración pola “importancia en uso e en prestixio” do emprego da nosa lingua no xornalismo

28/01/2025 | 15:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación ‘Decorado’, do premiado Alberto Vázquez

A película conta cunha subvención de 260.000 euros a través da convocatoria para a produción de proxectos audiovisuais galegos de 2023 da Consellería de Cultura