Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o concello da Illa de Arousa invisten 1,3 millóns de euros na mellora do saneamento para dar servizo a preto de 5.500 habitantes
O obxectivo desta actuación é construír unha nova rede de colectores de augas residuais e pluviais para transformar o actual sistema de saneamento nun modelo separativo de cara a reducir os alivios á ría de Arousa
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 1,5 quilómetros nos ríos Eume e Chamoselo, nas Pontes de García Rodríguez
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de seis semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta insta ao concello de Santiago a solucionar canto antes os problemas na estación depuradora da Silvouta que están a causar vertidos ao río Sar
Técnicos de Augas de Galicia atribúen a orixe das incidencias detectadas no dominio público nos últimos días aos traballos de posta en marcha da EDAR compostelá
A Xunta licita por 675.000 € a obra do novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño en Salceda de Caselas para atender a zona do Cerquido
A actuación ten un prazo de execución de seis meses e implica a construción de tres tramos de colectores dun total de preto de 1,13 quilómetros
A Xunta desenvolve un proxecto piloto para retirar especies exóticas invasoras no río Miño, en Tui
A previsión da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático é que esta actuación pioneira poida servir de modelo para actuar noutras áreas xeográficas da Comunidade
A Xunta e a USC alíanse para detectar drogas nas augas residuais en cinco depuradoras co fin de estudar patróns de consumo e identificar novas substancias
O proxecto, que conta cun investimento da Xunta de 50.000 euros, permitirá medir a presenza dunhas dez substancias, entre elas a cocaína, o cannabis e o fentanilo
Manuel Pardo subliña os preto de 300.000€ que a Xunta destinou para a mellora do espazo termal de uso lúdico do Bañiño en Punxín
O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo ata o próximo 13 de outubro dunha nova orde dirixida a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico cunha partida de 750.000 euros
A Xunta axilizará as tramitacións ambientais dos proxectos necesarios para garantir os servizos de augas das vivendas previstas na cidade de Pontevedra e do parque empresarial do Campiño
Ángeles Vázquez indica que se programarán de xeito inmediato reunións técnicas bilaterais para avanzar no estudo das propostas que garantan que se cubran as futuras necesidades de saneamento e abastecemento da cidade
A Xunta concede 7,6 M€ en axudas destinadas á execución de auditorías e obras para mellorar as redes de saneamento e de abastecemento municipais
A contía máis importante, 4,11 M€, destinarase a reparar fugas e perdas de auga e outros 2,16 M€ cubrirán actuacións para evitar infiltracións nos sistemas municipais
A Xunta amplía a prealerta por escaseza moderada de auga aos sistemas de costa de Pontevedra e do río Verdugo, no que empeora a situación de Baiona
Acórdase activar medidas equivalentes a un escenario de alerta no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés e que presentaba indicadores propios de prealerta desde o pasado 7 de agosto