Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.935 novas da área temática Cultura:

31/03/2026 | 13:28 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos reivindica o papel dos arquivos como “garantes da salvagarda do noso patrimonio cultural”

Esta publicación pretende facilitar a labor dos profesionais que traballan nestes centros e axudalos a resolver cuestións de aplicación e interpretación xurídica

30/03/2026 | 23:01 | A Presidencia da Xunta
30/03/2026 | 15:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o Nomenclátor de Galicia 2026 coa modificación de 2.531 denominacións de concellos, parroquias e lugares

Rueda salienta que con esta actualización, na que se analizaron 4.398 topónimos, prodúcense cambios na denominación de 14 municipios

30/03/2026 | 14:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A música ao vivo nas salas galegas recibe un novo impulso da Xunta con 141 concertos a través de nove programacións subvencionadas para 16 espazos

A convocatoria de axudas para espazos musicais de titularidade privada distribúe 358.586 euros para o bienio 2026-27 e permitirá desenvolver unha actividade continuada de actuacións a través de proxectos deseñados por empresas do sector

29/03/2026 | 12:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo destaca o carácter familiar e a fonda tradición da procesión da Borriquilla na Coruña

A procesión partiu ás 11:00 horas desde o templo dos Padres Capuchinos e percorreu o contorno da Praza de Vigo, onde tivo lugar a tradicional bendición dos ramos de oliveira e das palmas, un dos momentos máis significativos da xornada.

29/03/2026 | 09:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
29/03/2026 | 09:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 80.000 euros á promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica as bases destas subvencións para 2026, que consolidan a dotación incrementada o pasado ano para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos

28/03/2026 | 20:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca “o labor pola galeguidade” dos premiados pola Orde da Vieira en Madrid

O secretario xeral da Lingua e o director da Casa de Galicia en Madrid asiste ao acto no que se distinguiu ao filósofo Carlos Baliñas, á Fundación Rosalía de Castro, á revista Grial e á Coral Polifónica de Pontevedra

28/03/2026 | 10:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta a “homenaxe sustentable” ao patrimonio de Galicia na exposición ‘O camiño das bateas’, de Kike Ortega

O representante do Goberno galego pon en valor este proxecto que “reflicte compromiso coa sustentabilidade e coa posta en valor de bens senlleiros do litoral”