Actualidade
Buscador de novas
A Xunta traslada o seu apoio á nova directiva da Hermandad Gallega de Venezuela para seguir fortalecendo a comunidade galega no país
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Caracas un encontro coa directiva saínte da Hermandad Gallega de Venezuela e asistiu á toma de posesión coa nova directiva coa que posteriormente tamén se reuniu
A Xunta destaca a importancia de seguir reforzando lazos coa embaixada de España en Venezuela en beneficio da comunidade galega neste país
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co embaixador de España en Venezuela, Álvaro E. Albacete, para analizar as actuacións conxuntas destinadas a mellorar a atención á numerosa colectividade galega residente no país
A Xunta inaugura en Panamá unha mouteira do Camiño de Santiago xunto ao monumento dos galegos que construíron o Canal
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o labor da Fundación NosaTerra na difusión da cultura galega e agradeceu o seu compromiso coa preservación da memoria da colectividade galega en Panamá
A Xunta agradece á Asociación Cultural ´As Xeitosiñas´ o seu traballo en prol do mantemento da cultura galega no exterior
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Zurich na celebración do Día de Galicia e das Letras Galegas da man da colectividade galega na cidade
A Xunta destaca o labor das sociedades galegas de Basilea e Xenebra no mantemento das tradicións da nosa terra máis aló do territorio
O secretario xeral da Emigración acompaña á colectividade galega de Basilea e Xenebra na celebración do San Xoán, mantendo viva unha das tradicións máis emblemáticas da cultura galega no exterior
A Xunta pon en valor o dinamismo da colectividade galega en Cataluña e o apoio da Xunta a través dos centros galegos
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe en Barcelona na homenaxe aos membros da Agrupación Rosalía de Castro con 25 anos asociados
Rueda celebra as bolsas BEME como eixo do modelo galego de retorno ordenado e atracción de talento novo
Incide en que as BEME forman parte dunha estratexia máis ampla, Galicia Retorna, que busca facilitar o regreso e a integración plena dos retornados, incluíndo o acompañamento previo
Rueda lamenta que a conferencia de presidentes serviu para que o goberno central tivese a súa “foto” pero os galegos marchan dela sen nada
Sinala que non renuncia a chegar a acordos en materia de vivenda no caso de que o Goberno cumpra que a achega autonómica se dedique ás prioridades que estableza cada comunidade e se aumente o prazo de 4 a 6 anos para poder planificar a longo prazo
Fabiola García denuncia que o goberno central deixará a Galicia sen financiamento para a atención integral de menores migrantes non acompañados
A Xunta critica a falta de planificación por parte do Executivo central para o traslado destes menores, sen concretar nin a cifra de acollementos nin as datas previstas
Martina Aneiros destaca en Neda o apoio integral que a Oficina Móbil de Retorno da Xunta ofrece aos galegos chegados do exterior
A delegada territorial de Ferrol visitou esta mañá este servizo itinerante localizado diante da igrexa de Santa María de Neda