Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 187 novas da área temática Función pública:

22/09/2023 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Case un milleiro de persoas participan mañá na proba de coñecementos do proceso selectivo para cubrir 89 prazas de Policía Local en 24 concellos

Os aspirantes realizarán este primeiro exercicio da oposición no recinto feiral de Silleda e, a continuación, as persoas non exentas someteranse ao segundo exercicio correspondente á proba de lingua galega

22/09/2023 | 09:21 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha un ciclo formativo para achegar os usos e vantaxes da intelixencia artificial á cidadanía

As sesións, dirixidas especialmente ás persoas maiores, terán lugar ente outubro e novembro, en diferentes aulas da Rede CeMIT das catro provincias

20/09/2023 | 16:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP acolle un curso superior organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sobre protección de datos dirixido a persoal empregado público

Participan 70 persoas que recibirán formación tanto dende un punto de vista técnico xurídico como dende unha visión práctica

12/09/2023 | 14:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza a formación en competencias dixitais dos empregados públicos

O Curso superior de Administración electrónica, promovido pola Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, formará a 70 persoas sobre o desenvolvemento normativo que regula a administración dixital e as súas ferramentas

21/08/2023 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Case un milleiro de persoas optan a 89 prazas de policía local en 24 concellos

O DOG publica hoxe a relación definitiva de persoas admitidas ao proceso selectivo, que se someterán ás primeiras probas o próximo 23 de setembro no recinto feiral de Silleda

20/08/2023 | 11:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta “exporta” a outras comunidades autónomas o seu sistema informático para a xestión das axudas da Política Agraria Común

O código desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia é usado xa en Madrid e Baleares o foi compartido con outras catro Comunidades Autónomas

03/08/2023 | 15:06 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

O Goberno galego aproba o I Plan de Igualdade da Administración autonómica

Rueda resalta que o Plan contará con 74 medidas en oito eixos estratéxicos centrados en promover a conciliación, impulsar a formación neste eido ou garantír a igualdade no acceso e promoción de emprego público

28/07/2023 | 13:28 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP convocou 735 actividades formativas entre xaneiro e xullo

O conselleiro de Facenda e Administración Pública presidiu hoxe o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, onde se avaliaron as actividades levadas a cabo durante 2023 e a formación prevista para o segundo semestre

20/07/2023 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Agustín Reguera reafirma o respaldo da Xunta á AJE e aos colectivos de persoas xordas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra lembrou a necesidade de axudar aos emprendedores mozos para lograr unha economía máis próspera e competitiva