Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 752 novas da área temática Lingua:

11/11/2025 | 12:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García enxalza “o poder dos libros na creación de imaxinarios e no uso da lingua”

O secretario xeral da Lingua entrega o V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, co que colabora a Xunta, e que este ano recoñece a Ana Rebeca Fernández

10/11/2025 | 11:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Residencia Literaria 1863 convocan unha nova estadía de tradución para autores estranxeiros

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca con esta iniciativa contribuír á proxección exterior ao facilitar a tradución de obras en galego a outros idiomas

07/11/2025 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou máis de 129 M€ nos últimos anos a actuacións de mellora en dependencias xudiciais

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, pon como exemplos as obras da nova sede do Imelga en Santiago de Compostela ou os traballos de eficiencia enerxética en varios tribunais de instancia   

06/11/2025 | 19:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta a relevancia da pegada académica e sociocultural para Galicia que Ángel Luis Hueso traza no seu libro ‘Retallos de cine’

O volume recolle medio século de evolución do ensino e dinamización cinematográfica a través da traxectoria vital e profesional do profesor, con especial dedicación á época na que impartiu Historia do Cine na universidade compostelá  

06/11/2025 | 16:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Os Premios da Cultura Galega 2025 recaen na Editorial Galaxia, a Bienal de Pontevedra, a mostra de Teatro Cómico de Cangas, as Bodegas Martín Códax, Baños Films, a campaña ‘Aquí tamén se fala’, Antón Corral e o programa radiofónico ‘Sempre en Galicia’

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior

05/11/2025 | 16:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García gaba “as iniciativas locais que seguen a celebrar o ‘Ano Castelao’ co apoio da Xunta”

O secretario xeral da Lingua participa na Coruña na presentación das xornadas ‘Castelao e o seu tempo’, que inclúen varios relatorios sobre unha das figuras máis destacadas da cultura galega e coas que colabora o Goberno galego

05/11/2025 | 16:41 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego coproduce en Portugal o espectáculo ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’ que se estrea no Porto

O Rivoli do Teatro Municipal do Porto acolle os días 7 e 8 as primeiras funcións desta montaxe, que en decembro poderá verse tamén en Lisboa e Santiago de Compostela

04/11/2025 | 15:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García pon en valor “os avances da Xunta para intensificar a presenza do galego no eido dixital”

O secretario xeral da Lingua participa en Donostia nunha xornada dedicada ao impulso dos distintos idiomas oficiais do Estado na Intelixencia Artificial

03/11/2025 | 19:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García traslada a importancia de que "os programas de xestión do Estado atendan á realidade plurilingüe"

O secretario xeral da Lingua participa na constitución do novo Consejo de las Lenguas Oficiales, destinado ao seguimento e asesoramento en materia de política lingüística

03/11/2025 | 14:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa máis de 60 actividades para celebrar o ‘Mes da ciencia en galego’ nas bibliotecas

Ao longo de novembro organízanse obradoiros, exposicións, contacontos, conferencias e experimentos dirixidos a todas as idades