Actualidade
Buscador de novas
Galicia e as rexións europeas chaman a unha revisión da proposta de Marco Financeiro Plurianual 2028-2034
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR), no que se aprobou unha resolución sobre o Futuro Marco Financeiro Plurianual (MFP) a partir de 2028
A Xunta pon en valor a nova edición do programa ‘Reencontros con Galicia’ que trouxo de regreso preto de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior
Procedentes de Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, salvo os que quedarán máis tempo para estar coa familia
Turismo de Galicia intensifica o seu plan de promoción internacional poñendo o foco nos mercados americano, europeo e asiático
Durante outubro, xornalistas e turoperadores realizan viaxes de familiarización para coñecer o Camiño de Santiago e os principais recursos turísticos
A Xunta abre o prazo de inscrición para a 23ª edición do curso en financiamento comunitario TecEuropa
Organizado pola Fundación Galicia Europa, o curso celebrarase de maneira presencial en Bruxelas entre o 18 e 21 de novembro
A Xunta aposta por afondar nas relacións de Galicia cos países lusófonos
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou esta mañá na conferencia Sociedade civil, lingua e relacións internacionais, onde puxo en valor a recente posta en marcha do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade para contribuír a este obxectivo
Galicia consolida a súa colaboración co sector pesqueiro de Mozambique
Marta Villaverde mantivo un encontro de traballo co embaixador do país africano en España, no marco da celebración de Conxemar
Rueda mantén un encontro co embaixador británico centrado no impulso ao turismo e as relacións comerciais
O presidente da Xunta trasládalle a Alex Ellis cuestións de interese para o tecido empresarial galego, que de xaneiro a xullo exportou ao Reino Unido un 10,7 % máis que no mesmo período do ano anterior