Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 145 novas da área temática Portos:

11/01/2023 | 13:46 | C. do Mar

A Xunta impulsa unha aplicación móbil para o rexistro e difusión de avistamentos de candorcas en tempo real para apoiar a seguridade na navegación

Portos de Galicia financia a APP Orcinus, desenvolvida polo centro de investigación especializado en grandes cetáceos Bottlenose Dolphin Research Institute do Grove

11/01/2023 | 12:38 | C. do Mar

A Xunta apoiou o ano pasado con preto de 2 M€ máis de 20 proxectos de mellora nas infraestruturas portuarias da provincia de Pontevedra

A convocatoria de 2023 destas achegas sairá publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia por valor de 4,6 millóns de euros e permitirá desenvolver proxectos para facilitar o labor dos profesionais do mar e impulsar a competitividade do sector

04/01/2023 | 17:28 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta reitera ao Club de Remo da Pobra a súa total disposición a regularizar o uso das súas instalacións

Portos de Galicia está a analizar a solicitude presentada polo Concello da Pobra para poder ocupar ese espazo e accedendo a bonificacións de taxas

03/01/2023 | 13:37 | C. do Mar

A Xunta investirá este ano arredor de 3 M€ en renovar o alumeado de preto dunha trintena de portos con equipamentos de tecnoloxía led

A titular de Mar salienta que se instalarán elementos de altas prestacións e software de telecontrol para mellorar as condicións de iluminación e eficiencia enerxética nos espazos portuarios contribuíndo así a reducir a contaminación luminosa
 

02/01/2023 | 12:25 | C. do Mar

A Xunta apoiará este ano con 4,6 M€ as melloras nas infraestruturas e equipamentos das lonxas e portos pesqueiros de Galicia

A convocatoria destas achegas sairá publicada no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana e permitirá desenvolver proxectos para facilitar o labor diario dos profesionais do mar e impulsar a competitividade do sector e a súa rendibilidade