Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 975 novas da área temática Territorio:

26/03/2026 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O IES de Cacheiras, en Teo, reforza a convivencia escolar coas actividades da súa V Semana Cultural

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, felicita ao centro en nome da Xunta por esta iniciativa que inclúe charlas e obradoiros variados

26/03/2026 | 12:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de cambio de uso de solo forestal a agrícola para unha plantación de aguacate no Concello de Abegondo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevén que estas iniciativas teñan impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

26/03/2026 | 09:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre mañá o prazo de adhesión para os negocios que desexen adherirse á campaña dos bonos Activa Comercio deste 2026

O DOG publica hoxe a orde que regula este aspecto e que permite aos establecementos que desexen participar inscribirse unha única vez para todas as edicións que se convoquen durante o ano a prol da simplificación administrativa

26/03/2026 | 09:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 8,5 M€ á nova edición das achegas para contratar persoal de orientación laboral en entidades locais e sen ánimo de lucro

O DOG publica a convocatoria de 2026 destes apoios, cos que se prevé atender máis de 118.000 persoas desempregadas cun acompañamento personalizado e adaptado ás necesidades do territorio e que poderán solicitarse desde mañá ata o 27 de abril

25/03/2026 | 19:04 | C. do Mar

A Xunta confirma o seu apoio á edición deste ano da Festa da Xouba de Rianxo

A conselleira do Mar destacou a importancia de poñer en valor produtos locais como este, que é un dos máis importantes para a frota local e que constitúe un exemplo de pesca sostible e responsable.

19/03/2026 | 14:58 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ofrece formación para que as persoas maiores de 50 anos busquen emprego usando ferramentas dixitais

O curso desenvolverase en formato mixto: de xeito presencial na aula CeMIT da Coruña e en liña a través de plataforma de teleformación da Rede

19/03/2026 | 10:29 | C. de Política Social e Igualdade

A futura residencia de maiores da Xunta en Ribeira contará con 120 prazas, un 20% máis das inicialmente previstas

Nestes momentos estanse a elaborar as bases técnicas para licitar canto antes a redacción do proxecto de construción

18/03/2026 | 16:23 | Axencia de Turismo de Galicia
18/03/2026 | 15:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Xunta, Policía adscrita de Galicia e Armada colaboran nunha intervención subacuática para localizar pecios históricos no Golfo Ártabro

A actuación céntrase estes primeiros días na enseada de Cariño, onde as investigacións apuntan que podería atoparse un buque da coñecida como ‘Armada Invencible’