Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Maiores:

22/01/2026 | 16:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o pulo histórico da Xunta á dependencia ao resolver favorablemente 86.300 expedientes en 2025 e reducir a espera en dous meses

A conselleira subliña que Galicia está preto xa das 94.000 persoas atendidas e que alcanza unha ratio do 99,8%, o que a sitúa seis puntos por riba da media nacional

21/01/2026 | 11:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García subliña que a nova achega da Xunta ao SAF implica unha suba do 50% na lexislatura e duplica as contías de 2020

A conselleira incide na necesidade de que o Executivo central “cumpra coa lei de dependencia” e achegue o 50% do financiamento, unha situación que provoca que a débeda con Galicia acade este ano os 2.900 M€

20/01/2026 | 14:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta acada un acordo de lexislatura coa Fegamp para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar

O Goberno galego achegará 16 euros por hora en 2026, 17 euros por hora no 2027 e 18 euros por hora no 2028

20/01/2026 | 11:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia actuacións de 167 entidades do terceiro sector a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF

Destínanse 34,7 millóns de euros a financiar 773 programas e investimentos de entidades de toda Galicia

15/01/2026 | 10:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 10 M€ a consolidar a rede de casas do maior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas para o mantemento da actividade dos recursos deste tipo postos en marcha entre os anos 2019 e 2024

13/01/2026 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que a residencia de maiores pública autonómica da Eiriña atópase xa a pleno rendemento

O centro, construído e financiado pola Fundación Amancio Ortega, conta con 120 prazas públicas e supuxo un investimento de máis de 26 M€

10/01/2026 | 13:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anima aos maiores a desfrutar das vantaxes que ofrece o Carné +65 en servizos de saúde, ocio e benestar

Máis de 900 establecementos de toda a xeografía galega están adheridos a este programa do Goberno galego para potenciar o envellecemento activo

10/01/2026 | 11:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda compromete un investimento da Xunta de 150.000 euros para a creación do centro de día de Rodeiro

Na actualidade, o concello conta cun Centro Polivalente de Uso Asistencial financiado polo Goberno galego e no cal se prevé situar agora a nova instalación

02/01/2026 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comproba o avance das obras de construción da futura residencia e centro de día municipais de Cerdedo-Cotobade

O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro