Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 613 novas da área temática Consumo:

31/08/2025 | 21:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a campaña ´O noso comercio é vida. Vive Ribadeo´ dentro das iniciativas extraordinarias de dinamización dos centros comerciais abertos

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na clausura desta campaña da Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, no marco da iniciativa da Xunta O teu comercio local é extraordinario

31/08/2025 | 11:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta supera os 4.600 proxectos atendidos na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta con 15 centros espallados polo territorio

En concreto, hai oficinas en Ferrol, Coristanco, Melide, Vilanova de Arousa, Silleda, O Porriño, Friol, Mondoñedo, A Fonsagrada, Sarria, Monforte de Lemos, Verín, O Carballiño, O Barco de Valdeorras e Baños de Molgas

30/08/2025 | 14:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha a sétima edición do programa ´Merca no teu comercio´ para impulsar o sector en novas localidades das catro provincias

Do 1 ao 15 de setembro desenvolverase esta acción dinamizadora nos concellos de Miño, Pontedeume, Poio, Meaño, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil e San Xoán de Río

29/08/2025 | 13:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia en Xinzo a VI Feira do Comercio Prolimia para reforzar o consumo de proximidade e impulsar a dinamización económica local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta mañá á inauguración do evento, apoiado pola Xunta no marco das axudas aos centros comerciais abertos

28/08/2025 | 17:47 | C. do Medio Rural

Medio Rural promociona os produtos agroalimentarios con selo de calidade diferenciada con mercados en Viveiro e Ribadeo

Desde este venres ao domingo celebrarase o Mercado de Experiencias de Calidade nos xardíns de Noriega Varela en Viveiro, con amplo programa de actividades ao longo das tres xornadas

28/08/2025 | 14:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega en Burela os premios da cuarta campaña do programa 'Merca no teu comercio' en Lugo concibida para impulsar o comercio local no rural

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto que —ademais de Burela— implica os concellos de Xove, O Vicedo, Viveiro e Cervo

23/08/2025 | 11:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove en Sober a comercialización do produto artesán galego na quinta edición de ´Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra´

O director xeral de Comercio e Consumo, o director xeral de Patrimonio Cultural e a xerente da Fundación Artesanía de Galica visitaron o evento no que participan unha vintena de obradoiros artesanais

20/08/2025 | 13:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a iniciativa do comercio local do Carballiño en prol da dixitalización coa posta en marcha da plataforma de atención LoPróximo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na casa do Concello na presentación desta iniciativa que poñerá en marcha Carballiño Centro Comercial Aberto e que foi recoñecida nos Premios do Comercio Galego 2024

19/08/2025 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o labor da Rede de Polos de Emprendemento en prol da remuda xeracional en negocios ligados ao territorio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou esta mañá as instalacións do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño, onde mantivo un encontro cun emprendedor asesorado nesta oficina