Actualidad
Buscador de noticias
Marta Villaverde incide na necesidade dunha PPC máis xusta socioeconómica e medioambientalmente, xestionada baixo un enfoque ecosistémico
A conselleira do Mar trasladou que estes son algúns dos argumentos sobre os que debe sustentarse a Política Pesqueira Común, e que Galicia recolle no Decálogo Estratéxico presentado o ao Comisario de Pesca o pasado mes de abril, en Bruxelas
A Xunta de Galicia inviste 80.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados no porto de Ortigueira
O presidente de Portos visitou os traballos executados no vial do Malecón e a explanada portuaria para a mellora da seguridade viaria
Marta Villaverde destaca a capacidade da cadea mar-industria galega para adaptarse ás tendencias do mercado e dar resposta ás necesidades do consumidor
Sitúa a innovación e a atracción de talento como elementos clave para alcanzar o liderado nas vendas e un incremento no consumo, así como para reforzar a marca Galicia Calidade que dá un valor diferencial aos produtos capturados na costa galega
A Xunta destina á conservación, rexeneración e posta en valor do marisqueo do Salnés máis de 1M€
Mar traballa na actualización da normativa de pesca marítima profesional, co fin de mellorar a normativa reguladora da pesca galega, corrixindo así a excesiva intervención reguladora, a través da implantación de solucións administrativas máis eficaces e eficientes
Xunta e Autoridades Portuarias do Estado en Galicia abordan asuntos de interese para o sistema portuario da comunidade
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu a reunión de coordinación dos portos galegos para continuar afondando en actuacións que permitan seguir gañando competitividade e sostibilidade
Comeza a campaña do polbo o 1 de xullo tras un parón de tres meses, un mes por parada biolóxica e dous de veda
A Consellería do Mar e sector reforzan o seu acordo co Plan de xestión do polbo aprobado a finais do mes de marzo
Villaverde destaca o compromiso da Xunta coa mellora das infraestruturas portuarias deportivas e a actividade náutica como un sector emerxente na economía azul
A conselleira puxo en valor o esforzo inversor da Consellería, ao consignar este ano por primeira vez unha partida específica de 1,2M€ para o mantemento e mellora dos portos deportivos galegos
O Consello Reitor de Portos de Galicia aproba a declaración de innecesariedade de terreos doutros oito municipios e avanza nas reversións ao Estado
O ente público remata así os trámites da súa competencia nos peiraos incluídos na segunda fase do procedemento de devolución á Administración Xeral do Estado da titularidade de solo de uso veciñal para que se transfira, no seu caso, aos Concellos