Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.949 novas da área temática Áreas temáticas:

21/07/2026 | 16:58 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a Artesanía Alimentaria como unha das claves da estratexia galega de calidade diferenciada

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á primeira xornada Aula Aberta no Centro Tecnolóxico da Carne, centrada nos derivados cárnicos e dirixida recoñecer os produtos elaborados baixo este selo

21/07/2026 | 16:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima ao alumnado de Galemundo a “aproveitar ao máximo” a estadía este verán no estranxeiro para mellorar o seu nivel en idiomas

O conselleiro de Educación saúda no aeroporto Rosalía de Castro a un grupo dos 647 alumnos de Bacharelato que participan neste programa, a través do cal viaxan fóra de Galicia máis de 1.600 estudantes e docentes para ampliar a súa formación 

21/07/2026 | 15:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta insta o Goberno a incrementar o ritmo investidor no Corredor Atlántico en Galicia para non lastrar o futuro e a competitividade da comunidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na presentación do programa POCTEP, orientado a impulsar o Corredor Atlántico do Noroeste e a conexión ferroviaria entre Galicia, Castela e León e o Norte de Portugal

21/07/2026 | 15:53 | C. do Medio Rural

María José Gómez enxalza a Escola de Pastores como exemplo da aposta pola formación da rama agraria e o impulso á remuda xeracional

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe Gandaría Salvaterra, unha das explotacións colaboradoras na formación práctica desta iniciativa

21/07/2026 | 15:48 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a resolución do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de enfermeiro especialista en enfermería xeriátrica

Resultan nomeadas como persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira especialista en xeriatría 5 profesionais do Servizo Galego de Saúde

21/07/2026 | 15:45 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 688.000 euros a organización, planificación e execución do traslado e posta en marcha do Hospital Novo Montecelo

O obxectivo é garantir unha execución eficaz, ordenada e segura das actividades necesarias para o traslado e posta en funcionamento do novo hospital público de Pontevedra

21/07/2026 | 15:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina medio millón de euros á colaboración co Colexio oficial de Psicoloxía para garantir a atención ás vítimas de violencia de xénero

O acordo inclúe tamén a continuidade do programa Abramos o Círculo destinado a axudar a homes con condutas violentas

21/07/2026 | 15:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mobiliza 19 M€ en actuacións para mellorar os sistemas de abastecemento, dos que máis da metade son para financiar proxectos na provincia de Lugo

Ángeles Vázquez indicou que no caso do Concello de Friol se destinarán máis de 620.000 euros para dotar deste servizo á parroquia de San Paio de Seixón