Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o sector hostaleiro reparten 60.000 envases reutilizables e 25.000 bolsas para separar residuos para contribuír á redución do desperdicio alimentario
Ángeles Vázquez subliña que a hostalería é unha pata fundamental para contribuír a que Galicia cumpra cos obxectivos establecidos pola UE neste eido de cara a 2030
A Xunta recibe representantes do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e do resto de comunidades no Laboratorio de Consumo de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo participou na 192ª reunión da sección de control de mercado que se celebrou no propio laboratorio galego con sede na Coruña, poñendo de relevo o seu liderado ante o Goberno central e o resto de autonomías
María José Gómez define a Feira de Artesanía e produtos da zona de Triacastela como escaparate do sector agroalimentario galego
A conselleira do Medio Rural foi a pregoeira da 13ª edición que se celebra hoxe na localidade lucense
A Xunta fomenta a remuda xeracional na xastrería, na ourivería e na sombreirería a través do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’
A Fundación Artesanía de Galicia abre a convocatoria para os tres primeiros cursos 2025-2026 deste programa pioneiro que busca mellorar a profesionalización das persoas artesás en activo e contribuír á remuda xeracional nos oficios tradicionais
A Xunta apoia a pasarela de moda organizada polo Centro Comercial Aberto do Barco de Valdeorras
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe esta iniciativa que busca promover o comercio local, a moda e a cultura na vila ourensá no marco da axuda autonómica de 44.000 euros que recibiu este CCA
A Xunta impulsa en Chantada a creación artesanal contemporánea baseada na produción local e nos espazos rurais
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou na inauguración das xornadas ‘Entrelazar’, que se celebran ata o domingo en San Cristovo de Mouricios centradas no oficio da cestería e na relación entre material, territorio e artesanía
A Xunta entrega en Rábade os premios da 6ª campaña da iniciativa ‘Merca no teu comercio’ en Lugo
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto no que se repartiron 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes
A Xunta organiza o vindeiro 17 de outubro unha xornada na que se difundirán casos de éxito e ferramentas en prol da modernización do comercio
Desenvolverase no centro GaiásTech entre as 9,30 e as 17,30 horas e incluirá a celebración de mesas redondas, demostracións tecnolóxicas, talleres prácticos e tamén espazos para fomentar a creación de redes e sinerxías en beneficio do sector
A Xunta destaca o compromiso de Atave coa formación como ferramenta clave para a retención de talento e a remuda xeracional das empresas do sector
José González destacou a colaboración con esta entidade na execución de accións formativas para persoas desempregadas (AFD), subliñando que a asociación empresarial é tamén centro formativo acreditado