Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana sinala que o Goberno “chega tarde” para aprobar a nova planificación da rede de transporte eléctrico porque están en xogo miles de postos de traballo
Apunta que neste momento hai en Galicia dez proxectos industriais en distintas fases de tramitación, algúns xa autorizados, pendentes exclusivamente de que se reforce a rede de transporte eléctrico e detrás dos cales “hai miles de postos de traballo”. “Son 1.200 MW que non están atendidos na planificación actual nin na súa modificación”, remarca
Rueda enxalza a folla de ruta da Xunta cara unha Galicia máis industrial, sustentable e con acceso á vivenda
Salienta a aposta do Goberno autonómico porque Galicia “siga medrando” e “non perda oportunidades”
Rueda lamenta que a conferencia de presidentes serviu para que o goberno central tivese a súa “foto” pero os galegos marchan dela sen nada
Sinala que non renuncia a chegar a acordos en materia de vivenda no caso de que o Goberno cumpra que a achega autonómica se dedique ás prioridades que estableza cada comunidade e se aumente o prazo de 4 a 6 anos para poder planificar a longo prazo
A Xunta completa a autorización das repotenciacións voluntarias de nove parques eólicos para suprimir 286 aeroxeradores e elevar a produción un 35 %
O Executivo galego asinou esta semana a autorización da última destas iniciativas, permitirá reducir de 25 a 4 as máquinas instaladas no parque Castelo, entre os concellos coruñeses de Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra
A Xunta dá luz verde ambiental a unha liña de media tensión no concello de Carral e outra nas pontes supeditadas ás exixencias dos informes sectoriais e das propias avaliacións de impacto
As dúas resolucións, que sairán publicadas proximamente no Diario Oficial de Galicia, inclúen condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que as iniciativas poidan ter nos distintos elementos existentes na contorna
A Xunta colabora na adquisición dun vehículo ECO para os servizos ambientais do concello de Beade
A directora xeral de Administración Local visitou este municipio para comprobar as prestacións do novo vehículo adquirido ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental
Lorenzana salienta o apoio da Xunta ao concello de Pontedeva con preto de 670.000 euros para a mellora do seu parque empresarial
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do municipio, Juan Carlos González
A Xunta destaca que en Galicia case o 85% da enerxía eléctrica xerada procede de fontes renovables
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou no XVIII Simposio sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética