Actualidade
Buscador de novas
Entra en vigor a nova Lei de Estatística de Galicia que reforzará a capacidade do IGE para responder de xeito máis eficaz ás demandas de información
A nova normativa permitirá xerar información de maior calidade e fiabilidade, pegada ao territorio e próxima ao cidadán, aumentando as sinerxías e racionalizando custos
Corgos destaca que Galicia é a comunidade que rexistra un maior crecemento do PIB per cápita nos últimos 15 anos
O conselleiro de Facenda e Administración Pública precisa que o PIB per cápita medrou un 41% desde o ano 2009, mentres que en España fíxoo un 33,8%
Hoxe entran en vigor os orzamentos de Galicia para este ano 2025 con novas rebaixas fiscais para as familias e as empresas
As contas para os vindeiros doce meses son os máis altos da historia, con preto de 14.000 millóns de euros
Crece máis dun 8% o uso da sede electrónica, que rexistrou 1,4 millóns de trámites en 2023
Preto de medio millón de galegos e galegas empregaron esta canle para as súas xestións coa Administración autonómica o pasado ano
A EGAP reforza o plan de formación para 2025 coa incorporación de 123 novidades respecto ao ano anterior
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado pola directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, presidiu esta mañá o Consello Reitor do organismo no que se presentou o Plan de formación dirixido ao persoal empregado público galego para o ano 2025
Miguel Corgos pon en valor o traballo dos empregados públicos para lograr unha administración máis eficiente, moderna e innovadora
O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou no acto de entrega da sexta edición dos Premios ao Empregado Público Innovador
Rueda destaca que Galicia prevé pechar o 2024 cun nivel de débeda pública inferior á que tiña no ano 2012
Sinala que, segundo os últimos datos do Banco Central, “reduciuse no terceiro trimestre en 929 M€ e sitúase no 15%”, o que supón un nivel de débeda 6,3 puntos inferior á media das CCAA
Rueda lamenta a falta de vontade do Goberno para chegar a acordos en materias clave como o financiamento, a vivenda, a inmigración e a sanidade
Insiste en que é “inaprazable” abordar o modelo de financiamento autonómico no Consello de Política Fiscal e Financeira
A EGAP reflexiona sobre as responsabilidades das autoridades e empregados públicos e as medidas para favorecer a confianza na rendición de contas
A Escola Galega de Administración Pública acolleu, hoxe, a conferencia Responsabilidades de autoridades e empregados públicos, impartida polo catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero Ortega
A EGAP reflexiona nun webinario sobre a necesidade de reformar a normativa da distribución dos riscos na execución dos contratos públicos
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta mañá o webinario O reparto de riscos na execución dos contratos das Administracións públicas e demais entidades do sector público