Actualidade
Buscador de novas
A Xunta homenaxea a 162 profesionais da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza que se xubilaron no ano 2022
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, agradeceulles os anos de traballo e dedicación ao Sergas
A Xunta convoca a través da Agasp preto de 30 cursos de formación continua para o persoal dos servizos de emerxencias da Comunidade
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das accións formativas para os servizos de extinción de incendios e salvamento, Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e servizos municipais de protección civil e emerxencias
A Xunta ofertará 13 prazas médicas por concurso de méritos para os centros sanitarios da Costa da Morte
O conselleiro de Sanidade detallou que oito serán para o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e outras cinco para os centros de primaria da zona
A Xunta ofertará 15 prazas fixas por concurso de méritos para reforzar o hospital comarcal do Barbanza
O delegado territorial e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza informaron que se convocarán outras 11 prazas de médicos de familia e pediatras nos centros de saúde de Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal
A Xunta abre hoxe o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración galega
As persoas interesadas en formar parte das listas poderán apuntarse ata o 2 de maio
A Xunta convoca o proceso selectivo para cubrir 96 prazas de auxiliar de policía local en 21 concellos galegos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras do proceso selectivo, que será de oposición por quenda libre
A Xunta convocará por concurso de méritos a cobertura dous médicos de familia e dous pediatras nos concellos de Noia, Muros e Mazaricos
O delegado territorial e a e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza informaron que estas catro prazas se incluirán na convocatoria mediante concurso de méritos que se aprobará nos vindeiros días
A Xunta convocará 30 prazas de especialistas no distrito sanitario de Valdeorras por concurso de méritos
Delas 21 de diferentes especialidades estarán asignadas ao Hospital Público de Valdeorras e 9 aos centros de saúde deste Distrito Sanitario
A Xunta ofertará 23 prazas fixas por concurso de méritos para os centros de saúde da área sanitaria de Vigo
“Galicia é a única comunidade autónoma na que un médico pode rematar o MIR e obter praza fixa no sistema no mesmo ano”, -remarca o conselleiro de Sanidade-
O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia valora positivamente as medidas que está adoptando o Servizo Galego de Saúde
Os membros do Consello asesor puxeron en valor as medidas adoptadas no ámbito da estabilización dos profesionais sanitarios, a convocatoria por concurso de méritos para cubir os prazas de difícil cobertura, as axendas con cupos de 33 pacientes e 7 ocos para posibles urxencias, o pulo á carreira profesional ou as melloras no eido do benestar emocional