Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.122 novas da área temática Infraestruturas:

21/07/2026 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Rolda Leste de Ourense vai acurtar tempos, aliviar tráfico na cidade e facilitar os desprazamentos na zona

Anuncia que as empresas terán ata setembro para presentar ofertas, e que o obxectivo é adxudicar a obra antes de que remate este ano

21/07/2026 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
20/07/2026 | 18:49 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta achega máis de 570.000 euros a 29 negocios turísticos lucenses para modernizar as súas instalacións

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou o hotel Alfonso IX de Sarria, un dos beneficiarios das axudas destinadas a mellorar os establecementos de aloxamento e restauración

20/07/2026 | 18:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de San Xoán de Río o convenio para humanizar a praza Pedro Fernández

A actuación, que suporá un investimento de máis de 172.000 €, permitirá revitalizar a praza e homoxeneizar o núcleo de San Xoán de Río a través da conexión física e visual dos puntos estratéxicos do municipio, dotando aos veciños dun espazo de calidade

20/07/2026 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/07/2026 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras dunha senda peonil de 1,5 km en Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños

A nova senda permitirá os desprazamentos seguros e cómodos da veciñanza cara a servizos como o centro de saúde, a farmacia ou o campo de fútbol

18/07/2026 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras mellora do estacionamento público na contorna da Ponte da Barca, en Poio

A intervención enmárcase no Plan Hurbe e suporá a mellora do firme e as beirarrúas existentes, así como a eliminación de barreiras arquitectónicas para acadar unha contorna máis segura, accesible e homoxénea

17/07/2026 | 18:02 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 50.000 euros na mellora dos viais municipais de Esmoriz nunha visita a Arbo

Os traballos permitiron acondicionar tres camiños municipais cunha lonxitude total de 619 metros, mellorando a seguridade e a mobilidade da veciñanza

17/07/2026 | 16:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta construirá unha nova estación depuradora para dar servizo aos concellos de Cee e Corcubión, cun investimento total de case 14 millóns de euros

Ángeles Vázquez explica que a futura infraestrutura hidráulica se construirá nunha parcela localizada fronte á EDAR actual, unha decisión que garante que durante a execución da intervención as instalacións vellas poidan seguir en funcionamento

17/07/2026 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia en Vimianzo as obras de prolongación da autovía da Costa da Morte, nas que inviste 36 M€

A actuación para ampliar a AG-55 abrangue 5,8 km desde Santa Irena ata a conexión coa estrada AC-532, cun percorrido que transcorre na súa totalidade por Vimianzo