Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.949 novas da área temática Áreas temáticas:

21/07/2026 | 15:35 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a partir do 29 de xullo xa se poderán solicitar as axudas por valor de 45 M€ para empresas do sector da automoción

O programa estrutúrase en tres liñas de actuación cun importe de 15 millóns de euros cada unha

21/07/2026 | 15:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o impulso de Ponteareas á conciliación familiar na inauguración da nova ludoteca

Jacobo Rey sinalou a importancia da colaboración interinstitucional para poñer en marcha recursos públicos para a infancia e que contribúan a combater o reto demográfico

21/07/2026 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca que a Xunta apoia a 11 concellos da comarca de Bergantiños e Costa da Morte para a contratación de socorristas os meses de verán

A liña de axudas, dotada con 1,5M€, sufragará os gastos da contratación de persoal de socorrismo durante a tempada estival

21/07/2026 | 15:11 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño traslada ao Colexio oficial de Podólogos a aposta da Xunta por reforzar a atención primaria coa incorporación desta categoría aos centros de saúde

Proponse a implantación progresiva mediante unha dotación inicial dun profesional de podoloxía en cada distrito sanitario, con horizonte 2030

21/07/2026 | 15:08 | C. do Mar

A Xunta leva o 'Movemento azul' aos campamentos de verán para promover a remuda xeracional e as profesións do mar entre a mocidade

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe no Campamento Xuvenil Pontemaril de Forcarei os obradoiros de Un Mar de Profesións, unha iniciativa que chegará a máis de 700 escolares en 10 campamentos de toda Galicia

21/07/2026 | 15:02 | Axencia de Turismo de Galicia

A segunda edición de Son & Mar A Coruña ofrece 12 eventos na cidade co apoio dos Concertos do Xacobeo

Celebrarase no porto da Coruña entre o 18 de setembro e o 11 de outubro

21/07/2026 | 14:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que unha vintena de profesionais de Ribeira participaron nas formacións contra as violencias sexuais e lgbtifóbicas no ocio nocturno

Roberto Barba sinalou que hai máis dunha ducia de establecementos de lecer neste concello adheridos ao protocolo do Goberno galego

21/07/2026 | 14:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses celebra “un verán de recórd” con máis de 1.960 nenos e nenas desfrutando dos campamentos ‘Modo Verán Activo’ na provincia de Lugo

A directora xeral de Xuventude destaca a importancia “de ofrecerlle á cativada e mocidade propostas que combinen ocio e educación non formal”

21/07/2026 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia participa por primeira vez no programa do CERN para divulgar a ciencia en festivais musicais de Europa

Román Rodríguez destaca o impacto destas iniciativas para achegar a I+G+i a todos os públicos e mellorar a cultura científica xeral, un dos retos da futura Lei de ciencia

21/07/2026 | 14:25 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a incorporación ao Sergas do primeiro robot con navegación cinemática que realizará en Santiago cirurxía de columna de alta complexidade

Subliña que o novo robot multidisciplinar, incorporado á unidade de raquis, ofrece unha precisión total que redunda nunha maior seguridade, mellores resultados clínicos e unha recuperación máis rápida para as persoas operadas