Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 484 novas da área temática Emigración:

02/05/2025 | 10:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta salienta o labor referente do Centro Gallego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración asistiu xunto co secretario xeral da Emigración á romaría, Jira Campestre, organizada por esta entidade para difundir a riqueza cultural de Galicia e que promove entre as novas xeracións a súa conservación

01/05/2025 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en México as oportunidades que ofrece Galicia para as persoas emigrantes que desexen retornar e para o investimento

Na xuntanza cos representantes diplomáticos de España en México ambas partes analizaron posibles iniciativas conxuntas para fomentar o investimento e a colaboración máis estreita a prol da atención dos galegos en México

30/04/2025 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior

José González, acompañado por Antonio Rodríguez Miranda, tamén visitou a Sociedade Española de Beneficencia en Puebla

27/04/2025 | 13:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra o XXX Día de Galicia en Castela e León destacando o papel das entidades galegas na promoción da nosa cultura e tradicións

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou nesta xornada festiva que contou coas actuacións de grupos folclóricos e corais procedentes dos centros e casas de Galicia de Salamanca, Valladolid, Ponferrada, Miranda de Ebro e Burgos

26/04/2025 | 19:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta sinala o papel referente do Centro galego de Salamanca na preservación da cultura e das tradicións galegas en Castela e León

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo esta tarde unha reunión co presidente desta entidade, José Ignacio Paz, co obxectivo de continuar afondando nos lazos de colaboración coa colectividade galega 

26/04/2025 | 00:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promoverá en México a vindeira semana as oportunidades de retorno a Galicia e os lazos coa comunidade galega neste país

Entre o 29 de abril e o 1 de maio, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o secretario xeral da Emigración visitarán entidades que acollen aos galegos no exterior e reuniranse cos seus representantes

11/04/2025 | 20:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura en Lisboa un coloquio internacional que puxo en valor os séculos de relación migratoria e cultural entre Galicia e Portugal

O secretario xeral da Emigración reafirmou o apoio do Goberno galego a iniciativas que promovan a historia da memoria de convivencia e a cooperación académica transfronteiriza 

10/04/2025 | 20:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a relevancia internacional da muller na cultura galega a través da exposición ´Cantantes Líricas Galegas´

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia participou en Lisboa na inauguración da exposición Cantantes Líricas Galegas dos Séculos XIX e XX: De Galicia aos teatros de Europa e América