Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.193 novas da área temática Igualdade:

21/10/2025 | 12:57 | C. de Política Social e Igualdade

A delegación da Xunta en Lugo acolle esta semana as XIII ‘Xornadas da Avogacía contra a Violencia de Xénero’

Maxistrados, xuíces, fiscais e letrados de distintos Colexios da Avogacía de España analizarán o xoves e o venres en Lugo os principais avances e os retos na atención ás vítimas

21/10/2025 | 10:45 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a aposta dos orzamentos de 2026 por garantir as máximas oportunidades para as mulleres traballadoras e emprendedoras de Galicia

As novas contas da Xunta reservan case 30 millóns de euros para políticas de promoción da igualdade, un 2% máis que as deste exercicio 

20/10/2025 | 18:56 | C. de Política Social e Igualdade
18/10/2025 | 15:41 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza o papel esencial das mulleres rurais como motor do progreso e reafirma o apoio da Xunta ás políticas de igualdade no territorio

A Xunta destina cada ano máis de 4,3 millóns e euros ao apoio ao asociacionismo feminino e aos programas de promoción de igualdade, especialmente no rural

17/10/2025 | 20:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra a progresiva incorporación feminina ao cinema galego na entrega dos V Premios Mulleres no Foco

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no acto organizado pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais

17/10/2025 | 15:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o papel transformador da universidade como xeradora de coñecemento para construír sociedades máis igualitarias

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, puxo en valor a creación de espazos de reflexión para seguir mellorando as políticas públicas en igualdade

16/10/2025 | 16:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que a colaboración co tecido social permite a Galicia contar cunha das mellores redes de protección a vítimas de trata e avanzar nos seus dereitos

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero lembrou que se está avanzando coas entidades a redacción do II Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual

16/10/2025 | 14:13 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor a transformación do sector de coidados impulsada pola Xunta e centrada na sinerxia entre o ámbito sanitario e o social

A conselleira destaca que o obxectivo do Goberno galego “é pasar dun modelo reactivo a un proactivo, evolucionando do paradigma do paciente ao do cidadán”

16/10/2025 | 13:14 | C. de Sanidade; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta unha guía que reforza a perspectiva de xénero na atención primaria e ten en conta as distintas etapas das mulleres para mellorar a súa saúde

Gómez Caamaño precisa que as diferenzas de saúde entre mulleres e homes non se explican só por trazos biolóxicos, tamén por factores socioculturais ou roles