Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.098 novas da área temática Vivenda:

07/03/2026 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo fai entrega dunha vivenda pública vacante en alugueiro rehabilitada ao abeiro do programa Rexurbe

A delegada da Xunta reafirmou o compromiso do Goberno galego de duplicar o parque público de vivenda e lembrou que ás 3.000 vivendas que xa están en marcha en diferentes fases de execución sumaranse 1.000 máis en 2026, ata acadar as 4.000 vivendas comprometidas nesta lexislatura

07/03/2026 | 10:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/03/2026 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza para rematar nesta primavera a construción de 12 vivendas públicas en Lamas de Abade, en Santiago, cun investimento de 2,7 M€

A conselleira destacou que estas 12 vivendas, xunto ás outras 36 que constrúe a Xunta en Lamas de Abade e Castiñeiriño, se entregarán xa este ano

06/03/2026 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia que a Xunta investirá 2 M€ no novo pavillón de Monte Porreiro e que colaborará con 1 M€ no financiamento de actuacións de saneamento

Destaca este acordo como un exemplo de colaboración institucional entre administracións “con independencia de cores políticas”

05/03/2026 | 10:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre a convocatoria da liña de avais para adquisición de vivenda, para a que destina 5 M€

O Goberno galego avala os préstamos hipotecarios solicitados por menores de 36 anos para compra da súa primeira vivenda e, no caso de adquisición de vivenda protexida, non existe límite de idade para poder acceder aos avais

04/03/2026 | 15:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/03/2026 | 13:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe máis de 2.600 solicitudes para pedir o Bono Emancípate en dúas semanas

Lara Meneses apunta que a intención, co aumento da contía este ano ata os 3M€, “é chegar a unhas 400 persoas máis que no 2025, cando se acadaron 1.066 axudas”

04/03/2026 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 2,5 M€ na urbanización do solo da Baiuca-A Penouqueira en Arteixo para favorecer a construción de 160 vivendas

A conselleira subliña que a aprobación inicial do PIA supón “o comezo dun novo barrio, céntrico, con novos fogares, ben comunicado, con espazos verdes, zonas de lecer e servizos ”

04/03/2026 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello adxudica a construción dun novo edificio na rúa Alta cun investimento de 1,47 M€ para cinco novas vivendas de protección autonómica

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, destaca a recuperación de catro parcelas do barrio histórico