Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 189 novas da área temática Auga:

24/01/2023 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/01/2023 | 16:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta empraza ao Concello de Nigrán a incluír os mapas de risco de inundacións no PXOM e a dotarse dun plan fronte aos asolagamentos

A directora lémbralle ao Concello a obrigatoriedade de ter aprobado un plan de actuación municipal ante o risco de inundación co fin de conseguir a máxima protección para as persoas, bens e o medio ambiente

23/01/2023 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para minimizar o risco de inundación na marxe dereita do río Valga cun investimento de preto de 220.000 €

Esta intervención no concello de Valga, cun prazo de execución de 3 meses, céntranse na zona urbana na que conflúen o río e un rego innominado, nunha área recreativa xunto coa estrada N-550

22/01/2023 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao río Fondón, no concello de Redondela

Técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron o foco no marco dunha inspección rutineira

20/01/2023 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de ampliación e modernización da potabilizadora de Padrón que permitirán aumentar un 40% a capacidade de tratamento e blindar o subministro de auga aos 10 concellos conectados

Vázquez Mourelle sinala que a Xunta comezará as obras no último trimestre do ano, cun prazo de 18 meses, no que se irán poñendo en servizo os distintos elementos de xeito progresivo

13/01/2023 | 12:22 | C. do Mar

A Xunta destinou 200.000 € ao acondicionamento do bordo litoral do esteiro do río Anllóns e á súa restauración ambiental

A actuación permitiu aumentar o percorrido da senda peonil existente na zona ata alcanzar os 4,5 quilómetros nos últimos treitos da ribeira do río, o que contribuirá a mellorar a calidade de vida dos usuarios deste espazo

11/01/2023 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras do novo colector do río Sardiña en Ferrol, que suporán un investimento de 900.000 euros

Con esta intervención adicional culminarase o saneamento da enseada da Malata, conectando a ese sistema a marxe esquerda do río Sardiña

10/01/2023 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta desactiva o estado de seca prolongada en toda a demarcación hidrográfica Galicia-Costa tras as chuvias das últimas semanas

As precipitacións de decembro e da 1ª semana de xaneiro permitiron recuperar os valores de normalidade nos sistemas do río Ulla; río Tambre; río Mero, Arteixo e ría da Coruña; río Mandeo e ría de Betanzos; río Eume e ría de Ares; e Ferrol, que aínda mantiñan esta situación

01/01/2023 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nunha instalación industrial do concello de Meis

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectaron este foco nunha inspección rutineira de control