Actualidade
Buscador de novas
A Xunta exporá de xeito permanente a ‘Santa’ de Asorey en Galicia
A emblemática escultura é trasladada desde O Uruguai, coincidindo co centenario da súa creación en 1926
A Xunta adxudica por máis de 200.000 € a redacción do proxecto para obras de conservación e mantemento no Salón Teatro
O estudo de arquitectura pontevedrés Rodríguez+Pintos SLP será a responsable de levar a cabo esta actuación nun prazo máximo de 25,5 meses
A Xunta promove a sensibilización e o asesoramento en materia de xénero a través do punto lila e arcoíris no Morriña Fest
A continuación deste evento, o Goberno galego instalará este punto informativo no Río Verbena e no Caudal Fest
A Xunta activa para mañá domingo a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra e amarela na zona noroeste da Coruña
As temperaturas irán ascendendo, sendo especialmente altas entre luns e mércores
Villaverde destaca a reserva mariña ‘Os Miñarzos’ de Lira como exemplo de sostibilidade e excelencia dos produtos do mar
A conselleira do Mar participou na Festa Degustación dos Produtos extraídos desta área protexida e que cada ano organizan os socios da Confraría de Pescadores
Xosé Merelles salienta en Curtis o valor das recreacións históricas como atractivo turístico durante o pregón das festas do 1900
Salientou o acaído desta celebración en liña coa demanda do visitante actual que busca experiencias diferenciadas, auténticas e con identidade
Belén do Campo destaca en Camariñas o valor de “O Encaixe no Camiño” para divulgar o patrimonio histórico, cultural e artesanal de Galicia
A delegada da Xunta na Coruña, participou hoxe na inauguración da novena edición de “O Encaixe no Camiño 2026”.
A Xunta adxudica por 195.000 € a redacción do proxecto e a dirección de obra da reforma da área de reprodución asistida do Hospital Meixoeiro de Vigo
A obra forma parte das actuacións previstas no Plan galego de reprodución humana asistida, que recolle melloras nas prestacións para transformar a carteira de servizos de reprodución asistida de Galicia na máis ampla a nivel estatal