Actualidade
Buscador de novas
A Xunta lembra en Vigo que segue aberta a convocatoria de incentivos á contratación en beneficio dos colectivos prioritarios de inserción
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais visitou hoxe o Grupo CdeC, que grazas ao programa autonómico Galicia Suma Talento: Emprégate —dotado con 19,7 M€— vén de contratar unha persoa moza
O Servizo Galego de Saúde convoca o proceso selectivo para 25 prazas na categoría de médico de urxencias hospitalarias no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Trátase dunha oferta extraordinaria, por sistema de concurso, cuxo obxectivo é axilizar a provisión de especialistas nun servizo considerado de difícil cobertura
A Xunta pon de relevo na Coruña os programas destinados a impulsar a inserción laboral das persoas con discapacidade e en risco de exclusión
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, visitou a Asociación de colaboración e promoción das persoas xordas (Acopros), que vén sendo beneficiaria do programa autonómico de emprego con apoio
A Xunta reforza a Oficina Virtual de Emprego con novas funcionalidades de autoxestión que permiten resolver máis trámites de xeito áxil e autónomo
O Goberno galego amplía os servizos dixitais dispoñibles, aumentando as opcións para actualizar en liña o perfil profesional e permitindo seguir en tempo real as solicitudes presentadas, así como tramitar a participación nos programas integrados de emprego
A Xunta impulsa en Cenlle a divulgación dos oficios artesanais no marco do festival ‘Espírito Ribeiro‘
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu hoxe á inauguración da sexta edición deste evento que combina unha selección de adegas da DO Ribeiro con artesanía, gastronomía local e programación cultural
A Xunta destaca a traxectoria da Feira de Stock do Carballiño e a boa acollida deste tipo de iniciativas de dinamización do comercio de promixidade nas vilas
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu á Feira de Stock, impulsada por Carballiño Centro Comercial Aberto co apoio da Xunta e que se celebra desde hoxe ata o 23 de agosto, incluído
A Xunta publica a convocatoria do proceso selectivo para promoción interna e mobilidade na categoría de inspector de Policía Local
A oferta suma dez prazas correspondentes aos concellos de Ferrol, Santiago de Compostela, Teo, Vigo e Vilagarcía de Arousa
A Xunta destaca a variedade comercial dos locais rehabilitados e abertos ao público en Ribadavia no marco da iniciativa Vilas Vivas
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou a localidade ourensá coa secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias
A Xunta lembra que as persoas autónomas poden solicitar ata o 30 de setembro as achegas que cobren todas as fases da súa actividade emprendedora
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitaron esta semana o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa