Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 545 novas da área temática Enerxía:

04/06/2026 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca en Vedra o apoio da Xunta de preto de 60.0000 € para mellorar a eficiencia enerxética da súa Biblioteca- Ludoteca e da escola infantil

A delegada da Xunta puxo en valor “o firme compromiso da Xunta de Galicia cos concellos do rural para que poidan seguir avanzando en sustentabilidade, modernización de servizos e mellora da calidade de vida da veciñanza”

04/06/2026 | 11:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda con Asime as medidas a incluír no anteproxecto do Plan director da industria metalmecánica

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participou neste encontro, que se enmarca na rolda de contactos que a Xunta está mantendo cos diferentes clústeres para a elaboración dos distintos plans directores 

02/06/2026 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor a implicación do tecido empresarial coruñés para dar o salto definitivo á mobilidade eléctrica

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na presentación da IV Feira do Automóbil en Agrela, que se celebrará na Coruña os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño

28/05/2026 | 15:12 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda defende a capacidade do rural para atraer investimentos industriais, innovadores e que contribúan á transición ecolóxica

Agradece á empresa a súa aposta por seguir mellorando, innovando e consolidando a industria na nosa comunidade á vez que forma o talento para retelo

27/05/2026 | 12:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental á instalación dunha planta solar fotovoltaica para autoconsumo no porto exterior de Ferrol-San Cibrao

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

25/05/2026 | 15:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala as zonas experimentais como espazos clave para avanzar no desenvolvemento da eólica mariña en Galicia

Lembra que a Comunidade quere estar na primeira poxa de megavatios de eólica mariña que se convoquen en España para aproveitar a oportunidade de estar á vangarda desta tecnoloxía

23/05/2026 | 14:01 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o apoio que a Xunta presta a empresas e autónomos para que invistan en melloras de eficiencia enerxética

Destaca que a liña de axudas convocada este ano conta cun orzamento de 7,5 millóns de euros e está aberta ata o 15 de setembro

21/05/2026 | 15:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobiliza 7,5 M€ para impulsar a eficiencia enerxética e a sostibilidade nas empresas galegas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou a empresa Intasa, beneficiaria destas achegas

19/05/2026 | 15:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta tramita a repotenciación de preto de 20 parques eólicos para eliminar 626 aeroxeradores e aumentar nun 35% a súa produción de enerxía renovable

A maiores dos cinco parques galegos repotenciados antes de 2020, só nos dous últimos anos o Executivo autonómico autorizou xa oito proxectos deste tipo e recibiu nove solicitudes máis, que se atopan en fase de avaliación ambiental

18/05/2026 | 15:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta crea tres novas Business Factory especializadas en biotecnoloxía, saúde e enerxía que impulsarán arredor de 70 novos proxectos entre 2026 e 2028

Rueda salienta que a rede de aceleradoras impulsada polo Goberno autonómico consolida Galicia como a sexta comunidade con máis empresas innovadoras de España