Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 216 novas da área temática Fondos europeos:

15/09/2026 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta insta a Adif a revisar o borrador da acta de entrega das obras dos elementos comúns e do aparcadoiro da estación intermodal da Coruña para poder formalizala

O Goberno galego aclara que, desde o envío a finais de maio da acta de recepción e do borrador da acta de entrega das obras para a súa revisión, máis de tres meses despois, segue sen recibir resposta nin observacións

10/09/2026 | 13:39 | C. de Facenda e Administración Pública
04/09/2026 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina a máis de medio cento de concellos galegos máis de 1 M€ das novas axudas para a adquisición de equipamento vinculado á prevención de incendios forestais

Resultaron beneficiarios desta convocatoria 23 concellos da provincia de Ourense aos que o Goberno galego destinou máis de 479.000 euros, 12 de Lugo que suman axudas por máis de 265.200 euros, nove na Coruña por máis de 170.600 euros e outros nove na provincia de Pontevedra por importe de 164.800 euros

01/09/2026 | 16:43 | C. do Mar

Mar pon en valor no Parlamento o fito de superar o obxectivo de execución do FEMPA ao certificar máis de 64,5 M€ en 2025 e garantir todos os fondos europeos

Marta Barreiro explicou que Galicia cumpriu a regra n+3 nun 104,3 %, blindando os recursos asignados ata 2029

26/08/2026 | 12:56 | C. de Facenda e Administración Pública

Unha exposición percorre Galicia para amosar a evolución da comunidade coa contribución dos fondos europeos

­O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou hoxe a mostra en Lugo, onde permanecerá aberta ata o vindeiro día 4 de setembro

11/08/2026 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comproba a operatividade do novo dron subacuático e do robot de intervención antiincendios da Axega

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu a unha demostración do funcionamento desta dotación, adquirida ao abeiro do proxecto Atempo para mellorar a coordinación e a resposta dos servizos de emerxencias na cooperación transfronteiriza.

03/08/2026 | 15:25 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta destina máis de 4 M€ á mellora e ampliación da base contra incendios forestais de Antela

As obras, que se iniciarán este mesmo ano unha vez que remate a tempada de alto risco de lumes, consistirán na construción dunha pista, plataforma e accesos, así como no levantamento dun novo edificio que albergará os pilotos

31/07/2026 | 10:34 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina case 965.000 euros para que alumnos e alumnas dos centros educativos galegos consuman froita, castañas e leite nos recreos

A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia estas axudas para fomentar o consumo destes produtos entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria, incluída a obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio