Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 370 novas da área temática Inclusión:

04/11/2026 | 14:55 | C. de Política Social e Igualdade

Ángeles Vázquez reafirma o compromiso da Xunta coa Cruz Vermella para seguir atendendo as persoas vulnerables

A conselleira de Política Social e Igualdade puxo en valor o traballo da entidade nos distintos eidos como a infancia, os maiores ou as vítimas de violencia de xénero

03/11/2026 | 17:47 | C. de Política Social e Igualdade

Ángeles Vázquez reúnese con EAPN para avaliar novas vías de colaboración

A conselleira de Política Social e Igualdade destacou como fundamental a colaboración co tecido asociativo para mellorar a calidade de vida das persoas vulnerables

03/11/2026 | 16:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o fomento do emprego como un paso esencial para acadar a inclusión social

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na apertura da X edición dos Encontros para o Emprego que organiza Acción contra el Hambre

02/11/2026 | 19:39 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e Igualdade blinda cos seus orzamentos unha Galicia que garante a liberdade de todas e todos, que coida e que protexe

A Consellería sitúase como o departamento da Xunta que máis medra, con 1.535M€ e unha suba do 10,4%, o que permitirá reforzar as políticas de maiores, discapacidade, familia, inclusión e loita contra a violencia de xénero

26/10/2026 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

O delegado da Xunta asiste ao acto de lectura do manifesto co gallo do ‘Día do Dano Cerebral Adquirido’ organizado por DCA Ourense

Manuel Pardo reafirmou o compromiso da Xunta coas persoas afectadas por esta discapacidade impulsando recursos específicos que favorecen a súa autonomía persoal e a súa plena participación na comunidade

24/10/2026 | 20:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recibe a zoca de honra de TDAH Salnés en recoñecemento do seu traballo en favor das persoas con déficit de atención e hiperactividade

Begoña Abeijón destacou a aposta do Goberno galego pola atención temperá para previr, detectar e actuar ante problemas de desenvolvemento desde os primeiros anos de vida 

24/10/2026 | 11:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca nos Xogos de Natación de Special Olympics o valor do deporte para promover a inclusión das persoas con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou no acto de apertura da competición, onde lembrou que o Goberno galego promove e apoia desde hai anos programas e iniciativas que fomentan a integración

20/10/2026 | 16:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o impulso de Aspanane grazas á nova residencia para persoas con discapacidade construída pola Fundación Amancio Ortega

O Goberno galego pon en valor que o centro, que suma medio cento de novas prazas residenciais, permitirá ofrecer unha atención integral aos seus usuarios

20/10/2026 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha un proxecto piloto de Aulas Senda para reforzar a inclusión educativa co apoio de entidades de atención á diversidade

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP afirma que este novo recurso permitirá ofrecer unha atención máis especializada ao alumnado con necesidades educativas especiais