Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16 novas da área temática Transparencia e goberno aberto:

21/03/2023 | 16:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a planificación estratéxica como un elemento esencial para abordar os retos de futuro sen improvisacións

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, impartiu a conferencia “A planificación estratéxica da Xunta de Galicia e o proceso orzamentario” ante estudantes da USC, no marco da Semana da Administración Aberta

21/03/2023 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Promoción do Emprego exporá mañá na Semana da Administración Aberta os apoios autonómicos ao emprendemento e no eido laboral

A participación da Consellería nestas xornadas continuará o venres coa intervención da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, sobre as liñas estratéxicas de traballo da súa área

20/03/2023 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel dos máis novos como embaixadores da correcta xestión dos residuos

Ángeles Vázquez subliña a necesidade de cambiar as nosas accións diarias para frear o cambio climático e amosar máis respecto polos nosos recursos naturais

20/03/2023 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de medio cento de estudantes dos CIFP Leixa, Ferrolterra, Rodolfo Ucha e Fraga visitan o CIS no marco da semana da Administración Aberta

Os participantes, divididos en 3 grupos, tiveron a ocasión de coñecer os diferentes espazos que albergan as instalacións dependentes da Axencia Galega de Innovación (GAIN) como a Materioteca, o showroom, o Cesena ou o xemelgo dixital de Navantia

19/03/2023 | 12:55 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta invita os cidadáns a coñecer o funcionamento do Goberno a través da Semana da Administración Aberta

Desde mañá luns 20 e ata o venres 24 de marzo celebraranse diferentes xornadas de participación social para divulgar a súa actividade e os seus obxectivos