Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 666 novas da área temática Maiores:

30/09/2026 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita o Concello do Corgo pola súa adhesión e presentación de propostas ao proxecto de residencias de maiores da Xunta

Terá capacidade para un centenar de usuarios e complementarase co equipamento previsto no Páramo, de 30 prazas

30/09/2026 | 15:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza a colaboración co concello de Pastoriza para a creación dunha residencia e centro de día municipais

Fabiola García destacou as achegas do Goberno galego de ata 60.000 euros para impulsar a redacción deste proxecto

29/09/2026 | 13:25 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

Belén do Campo acompaña aos maiores da residencia Hermanitas Ancianos Desamparados no inicio da campaña de vacinación fronte á gripe e a covid-19

As persoas residentes nos centros de maiores e de discapacidade, así como os profesionais que traballan nestas institucións, serán os primeiros en vacinarse posteriormente iranse incorporando os diferentes colectivos de maneira progresiva

29/09/2026 | 12:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta por fortalecer a formación dos axentes sociais na prevención e detección da soidade non desexada

Antón Acevedo agradeceu a colaboración da Cruz Vermella e puxo en valor o seu labor de apoio para axudar ás persoas que máis o precisan en toda a comunidade

28/09/2026 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia un novo vehículo adaptado para reforzar o servizo de transporte do centro de Agadea Alzhéimer en Ribeira

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, comprobou as prestacións da dotación, financiada polo Goberno galego con preto de 49.000 euros

28/09/2026 | 10:54 | C. de Sanidade; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inicia nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos

Gómez Caamaño sinala que en Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a inmunización fronte á covid

27/09/2026 | 15:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta celebra iniciativas como o Encontro do xubilado de Ribadeo, que fomentan a integración e o envellecemento activo e saudable dos maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, lembrou as actividades que promove o Goberno galego para a atención da terceira idade

27/09/2026 | 14:36 | C. de Política Social e Igualdade
26/09/2026 | 16:35 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que 164 persoas se beneficiaron dos descontos do Carné +65 na SD Compostela

A conselleira de Política Social e Igualdade visitou esta mañá as instalacións da SD Compostela, que está adherida a este programa

26/09/2026 | 13:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta cede un local á Federación Alzhéimer Galicia para a instalación da súa nova sede en Santiago de Compostela

Fabiola García agradece á entidade “o seu apoio e colaboración constante”, así como o seu labor na atención a 5.000 familias galegas