Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 201 novas da área temática Novas tecnoloxías:

12/07/2024 | 16:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

Rueda aposta por aproveitar as potencialidades da intelixencia artificial con “valentía” e positividade

  Asegura que este sector ofrece  “oportunidades” que Galicia “non pode deixar pasar”

12/07/2024 | 14:36 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública
12/07/2024 | 13:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta resalta o nivel tecnolóxico dos vinte proxectos que van participar na oitava edición da BFAuto

En total foron 130 candidaturas as que se presentaron a esta convocatoria, das que oito son proxectos que proceden de fóra de Galicia

12/07/2024 | 10:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 167 novas axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías cun investimento de 741.600€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de abril e o 30 de xuño deste ano

11/07/2024 | 17:32 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta afianza a seguridade xurídica para fomentar o uso da intelixencia artificial na administración

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participou hoxe na Toxa no encontro “Transformación dixital e IA”

11/07/2024 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 40 empresas de toda España presentan propostas innovadoras para despregar o proxecto EdugalIA sobre intelixencia artificial no ensino

A Consellería de Educación expón os resultados da consulta preliminar do mercado co fin de buscar tecnoloxías para a posta en marcha do programa, para o que non hai ferramentas preexistentes que fagan fronte aos seus desafíos

11/07/2024 | 12:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel da transformación dixital e a intelixencia artificial para o impulso dun mercado laboral galego máis dinámico, aberto e inclusivo

José González destacou a importancia de potenciar o Diálogo Social -avanzando a invitación á CIG para que participe neste espazo- e remarcou a vontade de elaborar un estudo que avalíe os impactos que tería o recorte da xornada laboral en Galicia

11/07/2024 | 12:12 | C. de Sanidade

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementou a súa actividade cirúrxica nun 12,7 % durante o primeiro semestre de 2024

Os servizos de Otorrinolaringoloxía, cun incremento do 16,6 %; de traumatoloxía, cun 20,4 %; e de Uroloxía, cun 20 %, foron as unidades que rexistraron unha maior repunta no seu volume de intervencións

10/07/2024 | 11:37 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 550.000 euros o soporte informático de medio cento de aplicacións de programas especiais da sanidade pública

Este servizo permite realizar tarefas de soporte e resolución de incidencias a aplicacións que xestionan a carpeta É-Saúde, os sistemas de información de xestión da incapacidade temporal, do transporte sanitario non urxente, da prestación ortoprotésica e a tarxeta sanitaria, entre outros

09/07/2024 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca Galicia como un referente na Compra Pública de Innovación en España

A nosa Comunidade presenta un total de nove proxectos á convocatoria da Liña FID do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades