Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 503 novas da área temática Patrimonio:

12/06/2025 | 12:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia aos alcaldes da Ribeira Sacra a visita en outubro de consultores da Unesco no tramo final da candidatura a Patrimonio Mundial

Destaca as “boas sensacións” durante todo o proceso, que levan a Xunta ”a confiar” en que se acadará este recoñecemento internacional en 2026

10/06/2025 | 12:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo refírese a ‘La casa de Troya’ como “símbolo vivo da identidade e do patrimonio cultural galego”

A Xunta únese á celebración do centenario da película coa inauguración en Santiago de Compostela da exposición fotográfica ‘Unha noite na casa da Troia’ 

09/06/2025 | 14:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta aposta pola recuperación dunha muralla no Castro de Doade, en Lalín

Os traballos comezaron a principios deste mes e terán unha duración aproximada de 25 días

09/06/2025 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación definitiva do Plan Básico Municipal de Alfoz

Trátase dun instrumento eficaz que permitirá a ordenación do territorio neste municipio lucense, ofrecendo capacidade de acollida residencial e económica

05/06/2025 | 14:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Festa da Rosa de Mos enche de cor a Casa de Galicia en Madrid

O director da Casa de Galicia destacou o valor patrimonial e a dimensión global desta festa nacida arredor da Rosa dos Quirós

04/06/2025 | 12:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta aborda co concello da Coruña a creación do espazo Lugrís para manter os murais no lugar onde foron creados

López Campos eríxea como a opción máis óptima para garantir a mellor conservación do conxunto mural localizado nos números 25 e 27 da rúa Olmos

30/05/2025 | 12:32 | Axencia de Turismo de Galicia

O programa Masterchef pon en valor o Camiño de Santiago e o Patrimonio do Interior de Galicia

O espazo foi gravado o pasado mes de marzo no Mosteiro de Oseira e conta coa colaboración dos alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia

29/05/2025 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata os traballos de acondicionamento e posta en valor do Bolo de Betote, en Sarria

O delegado territorial explica que se melloraron os accesos e a sinalización ao xacemento arqueolóxico e instalouse un panel explicativo para ofrecer información aos visitantes

28/05/2025 | 19:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o compromiso da Xunta coa Catedral de Mondoñedo á que dedica preto de 300.000€ este ano

A achega da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude encádrase nos obxectivos do Plan de Catedrais de Galicia, que contempla un investimento de 6,5M€ neste ben