Actualidade
Buscador de novas
Villaverde e a Confraría de Ribeira abordan as necesidades do sector e analizan posibles actuacións de mellora no recinto portuario
A titular de Mar destaca o esforzo inversor realizado por Portos de Galicia este ano, destacando a renovación dos pavimentos e das luminarias do peirao con tecnoloxía LED de alta prestación e software de telecontrol por un importe que supera os 400.000 euros
A Xunta subliña o seu respecto polo criterio técnico na elección do punto de vertido de áridos para a dragaxe do Lérez
José Antonio Álvarez lembrou que a Xunta cumpre coa legalidade vixente que prioriza os usos produtivos devolvéndoos os áridos ao mar ao tratarse de material non contaminante pola baixa concentración de metais pesados confirmada en catro campañas de catas
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de Portos de Galicia para dragar a canle de acceso e a dársena pesqueira do peirao de Foz
A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, inclúe condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que as actuacións poidan ter nos distintos elementos existentes na contorna
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia comisa máis de 20 quilos de ameixa en Ferrol
É o resultado dun operativo contra o furtivismo que se saldou coa tramitación de dez actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia
Marta Villaverde destaca que a Festa do Mexillón de Rianxo sitúa a gastronomía local e o tecido asociativo deportivo como aliados na economía azul
Apoiado pola campaña GALICIA SABE AMAR, este evento pon en valor a toda a cadea mar-industria e ao sector da miticultura que en 2024 facturou 128,6M€
Portos de Galicia autoriza ao Club Náutico de Beluso a ocupación de 20 departamentos e servizos múltiples para pañol e vestiarios da escola de vela
Con este trámite, o ente público, dependente da Consellería do Mar, renova á entidade deportiva este permiso por outros catro anos