Actualidade
Buscador de novas
A Xunta formaliza o contrato para executar as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa
Esta intervención foi adxudicada por máis de 17,8M€ e a previsión é iniciar os traballos previos para a execución das novas instalación a finais de xaneiro, para iniciar a obra no mes de febreiro
A Xunta licita por 4M€ a redacción dos proxectos da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, que permitirá estender estes itinerarios en máis de 120km
A licitación anunciada hoxe pola Axencia Galega de Infraestruturas inclúe 6 lotes de redacción de proxectos, dous para sendas peonís e ciclistas, dous para mellora da seguridade viaria en estradas autonómicas, un para actuacións de mitigación do ruído e outro para actuacións preventivas en muros e noiros
A Xunta adxudica por máis de 330.000 euros as obras para a mellora funcional do espazo público viario do núcleo de Camboño, en Lousame
A actuación enmárcase no Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais, como motores de dinamización
A Xunta adxudica por 2,5 millóns de euros a execución das obras da plataforma flotante do Parrote, na Coruña
Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo da cidade
A Xunta financiará con case 500.000€ a humanización da Praza Isaac Díaz Pardo no Concello de Oroso
A actuación porá en valor esta praza no núcleo de Sigüeiro, onde se sitúan os principais equipamentos municipais, transformándoa en espazo de preferencia peonil para convertela en lugar de encontro e de celebración de eventos
A Xunta publica no DOG a declaración de Baiona como novena Área Rexurbe, co obxectivo de dinamizar o seu conxunto histórico artístico e a súa contorna
O ámbito abrangue unha superficie de 160.000 m2, onde están localizados 456 edificios, 797 vivendas e 241 locais comerciais
A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a construción de 48 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, no concello de Pontevedra
Este contrato foi adxudicado por un investimento que rolda os 211.000 euros, e conta cun prazo de execución de tres meses e medio
O Concello de Vilalba adhírese á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou coa alcaldesa o acordo polo que a APLU asume as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en obras e usos do solo que se executen sen licenza ou sen axustarse ás súas condicións
A Xunta adxudica por máis de 230.000 euros as obras de rehabilitación da área recreativa da Peneda en Monterroso, financiadas ao abeiro do Plan Hurbe
A intervención neste espazo de lecer ao carón do río Ulla permitirá mellorar a envolvente térmica da cafetería e a accesibilidade ao recinto, facilitando así as condicións de confort dos usuarios, así como as condicións de funcionalidade e integración paisaxística da zona
A Xunta adxudica as obras de humanización de varias prazas do concello de Coristanco
A actuación, impulsada ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, adxudicouse por importe de 267.565€