Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inaugura en Ribadavia o mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’ como punto de partida do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
José González convidou a gozar da ampla programación prevista para estes días en Ribadavia arredor dos produtos artesáns e alimentarios de calidade e sinalou que este mercado suporá un punto de inflexión na recuperación do tecido comercial da vila
O director da Amtega participa nun encontro que aborda as últimas tendencias europeas en soberanía tecnolóxica e intelixencia artificial
Analizouse o potencial de dispoñer dun Modelo de Linguaxe local e soberano, sen dependencia da nube nin das plataformas corporativas locais
A Xunta abre a convocatoria do programa ‘Iacobus’ para impulsar a cooperación científica transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Esta nova convocatoria está dotada de 210.000 euros para as tres modalidades do programa, isto é, Estancias de Investigación, Publicacións Científicas (Papers) e Patentes
A Xunta pecha en Chantada a primeira edición do seu Laboratorio de fibras vexetais fibranzas centrado na profesionalización e na remuda xeracional da cestería
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, pechou esta semana o último dos módulos deste curso, impulsado polo Goberno galego en colaboración co Espacio Vilaseco, Os Casares e a cesteira Idoia Cuesta
As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar dende mañá ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros
Supón un incremento do 33% con respecto ao orzamento inicial de 2024, ano no que, finalmente, se conseguiu o récord histórico das ‘Axudas DGAN’ con preto dun millón de euros
Fabiola García defende seguir impulsando os 365 días do ano a prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero entre as xeracións mozas
Avanzou que a Xunta seguirá reforzando os recursos de asesoramento a pé de rúa coa posta en marcha dos CIMs móbiles no rural e campus universitarios
A Xunta sinala en Bruxelas que os plans únicos estatais para a xestión dos Fondos Europeos van en contra da autonomía das rexións
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da Comisión Civex do Comité Europeo das Rexións