Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 547 novas da área temática Enerxía:

09/05/2025 | 15:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a colaboración con Cluergal para impulsar a formación especializada e captar talento exterior nas feiras de emprego da Arxentina e Uruguai

A entidade foi un dos clústeres participantes nesta acción pioneira encadrada no progama Retorna Cualifica Emprego, á que asistiron 3.500 persoas e que xa está a dar os primeiros froitos, con 56 persoas contratadas e máis de 400 en procesos selectivos

06/05/2025 | 18:58 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo destaca o investimento da Xunta nos apartamentos Ancoradoiro de Muros para a mellora da súa eficiencia enerxética

A delegada informou que na comarca do Barbanza recibiron estas achegas cinco empresas turísticas por un importe de máis de 475.000 euros

05/05/2025 | 15:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda resalta o labor de profesionais das emerxencias, da sanidade e da seguridade que permitiron que Galicia superase o apagamento sen incidencias graves

Uns 300 axentes da Policía Autonómica, 700 membros das brigadas forestais e máis de 230 agrupacións de voluntarios de protección civil foron mobilizados na comunidade

02/05/2025 | 15:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 22,4 M€ a construción e a xestión da primeira planta pública de clasificación de residuos téxtiles de Galicia

A nova instalación, que ocupará unha superficie de 8.000 m2 no complexo medioambiental de Cerceda e terá capacidade para tratar 3.000 toneladas anuais, ampliable ata as 24.000, prevese que estea finalizada no segundo trimestre de 2026

30/04/2025 | 20:09 | Axencia de Turismo de Galicia

Ana Méndez entrega o certificado de Galicia Calidade a BandePellet pola excelencia na produción de biomasa

A xerente da marca de garantía da Xunta de Galicia puxo en valor o labor desta empresa ourensá na fabricación de pellets de madeira 100% de piñeiro, sen aditivos e cun forte compromiso social e ambiental

29/04/2025 | 17:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia encamiña a recuperación da normalidade nunha xornada na que os servizos públicos funcionaron sen incidencias de peso

A Xunta manifesta o seu interese de regresar ao nivel 2 de emerxencia e recuperar o control da coordinación

29/04/2025 | 15:57 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que Galicia xeraría a enerxía equivalente a 70 parques eólicos coa repotenciación e o reforzo da rede de transporte eléctrico

Asegura que se reduciría o número de aeroxeradores instalados en Galicia ata nun 68 % xerando ata un 125 % máis de enerxía sen necesidade de novos trazados de liñas de evacuación

29/04/2025 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica axudas para a eficiencia enerxética dos fogares e unha liña de achegas para a promoción de vivendas en alugueiro e venda

As achegas para a mellora da eficiencia enerxética supoñen un orzamento global que rolda os 2,2M€

28/04/2025 | 15:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda reclama ao Goberno reforzar as redes de transporte que, coa repotenciación, permitirían aumentar a xeración de enerxía ata un 124 %

Asegura que “o futuro pasa polas enerxías verdes” e que mellorar estas infraestruturas é clave para “continuar co proceso de descarbonización” 

25/04/2025 | 16:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta resalta o compromiso do sector dos áridos en Galicia coa sustentabilidade, a xeración de riqueza e emprego e a dinamización do rural

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na Asemblea Xeral da Asociación Galega de Áridos (Arigal)