Actualidade
Buscador de novas
Valentín García destaca o papel da lingua como ponte entre culturas no Día Europeo das Linguas
O secretario xeral de Lingua remarca “a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingúística europea”
López Campos anuncia que a Xunta celebrará os primeiros exames Celga en liña no mes de novembro
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude salienta que Galicia será a primeira comunidade con lingua cooficial en pór en marcha estas probas de xeito telemático
Valentín García salienta a “calidade e a solvencia” de ‘odio’, a obra gañadora do I Premio Xosé Neira Vilas de literatura xuvenil
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude enxalza que a publicación está “á altura” do autor homenaxeado coa posta en marcha deste certame
A Xunta contribúe á consolidación do cine galego no London Spanish Film Festival
A sección ‘Letters from Galicia’ do certame londiniense acolle esta semana as estreas no Reino Unido de ‘+Cuñados’ e ‘Antes de Nós’, ademais dunha escolma de curtametraxes galegas
Os Concertos do Xacobeo dinamizan a oferta turística de outono en Santiago coa nova edición de Maré Festival desde este mércores
A Xunta dálle cobertura a esta singular cita que reúne a máis dunha trintena de bandas e artistas das dúas beiras do Atlántico
O Premio Literario Nortear de relato curto para escritores novos impulsado pola Xunta recae en Diana Teixeira
Diana Teixeira, natural de Felgueiras, gañou esta edición 2025 co relato ‘Voltar e Não Ser. Memórias de uma raia interior’
A Xunta destina 120.000 euros para apoiar as editoriais e potenciar a tradución literaria
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inviste máis de 80.000€ para favorecer a publicación en galego de obras escritas orixinariamente noutro idioma
A Xunta reforza a promoción do audiovisual galego no seu desembarco no Festival de San Sebastián
Os axentes acreditados están convidados ao evento que organiza este luns no Kursaal para apoiar os seis filmes con produción galega seleccionados na 73ª edición do certame
Ferrolterra acolle 26 actuacións escénicas e musicais ata final de ano a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios
A carteleira do circuíto, promovido pola Xunta de Galicia, ofrece catro novas funcións en Ferrol, tres en Ortigueira, 11 en Narón, seis nas Pontes de García Rodríguez e dúas en Cedeira