Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 460 novas da área temática Urbanismo:

15/06/2025 | 15:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita os traballos de humanización dunha praza en Fonteboa, no concello de San Cibrao das Viñas, por 150.000 euros

A actuación consistirá nas obras de humanización da praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga, coa remodelación total do ámbito

13/06/2025 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ve 'erros emendables' no PXOM remitido polo Concello de Ourense e confía na súa pronta subsanación

A Dirección Xeral de Urbanismo solicita ao Concello que actualice no PXOM os datos informativos exixidos e clarifique e xustifique axeitadamente os parámetros de edificabilidade e número de vivendas previstas en solos urbanos e urbanizables, así como a consolidación edificatoria dos núcleos rurais

11/06/2025 | 21:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/06/2025 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

María M. Allegue urxe ao Goberno central que convoque a Conferencia Sectorial de Vivenda

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas clausura as xornadas “La Galicia que viene” organizadas por El Español na Coruña, nas que se debateu sobre o futuro da comunidade, da man de expertos e representantes de diversos sectores económicos

09/06/2025 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación definitiva do Plan Básico Municipal de Alfoz

Trátase dun instrumento eficaz que permitirá a ordenación do territorio neste municipio lucense, ofrecendo capacidade de acollida residencial e económica

06/06/2025 | 15:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aprobou desde 2009 instrumentos de planeamento urbanístico en 92 concellos galegos

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, subliñou no Parlamento que nestes anos aprobáronse 87 planes xerais de ordenación municipal e 5 plans básicos municipais, de xeito que se pasou de 32 concellos con planeamento a un total de 124

05/06/2025 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Colexio de Rexistradores da Propiedade de Galicia abordan os requisitos para edificar no solo rústico

A Dirección xeral de Urbanismo, xunto co Decanato do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia, redacta unha circular interpretativa coa que dar seguridade xurídica e facilitar a implantación de usos no solo rústico

03/06/2025 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis 2 M€ as obras de renovación do firme en tres estradas autonómicas ao seu paso por oito concellos do sur da provincia de Pontevedra

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-402, PO-253 e PO-354, que discorren polos concellos de Ponteareas, Pazos de Borbén, A Guarda, O Rosal, Oia, Salvaterra do Miño, As Neves e Mondariz