Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 511 novas da área temática Familias:

23/07/2025 | 12:34 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo salienta os 5 M€ que a Xunta destina á continuidade ata 2028 das 51 casas niño da provincia de Ourense

O delegado territorial subliñou que se trata dunha mostra da inequívoca aposta da Xunta de Galicia porque nos municipios rurais existan os mesmos recursos que nas cidades, nomeadamente no ámbito da familia e a infancia; “ unha mostra máis que garante a presenza e o futuro dun servizo esencial”

22/07/2025 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello de Toén asinan un convenio para a adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa

Unha decena de persoas poderán beneficiarse desta iniciativa, que garante unha dieta saudable e equilibrada durante toda a semana

21/07/2025 | 17:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 2,8 M€ a garantir a continuidade das 29 Casas Niño que prestan servizo en 20 concellos lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, visitou un destes recursos en Triacastela, onde explicou que o obxectivo do Goberno galego é que todas as familias teñan no seu entorno unha alternativa gratuíta para facilitar a conciliación 

21/07/2025 | 16:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 175.000 euros os programas de conciliación familiar do Condado-Paradanta

O delegado territorial visitou os programas de conciliación de Mondariz e As Neves e agradeceu o traballo de todos os involucrados

17/07/2025 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García advirte ao Goberno central de que Galicia non vai cambiar a súa política de protección de menores para crear macrocentros

A conselleira de Política Social e Igualdade destaca que Galicia non acude á Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia por tratarse dunha “convocatoria ilegal” e sen orde do día aprobado

16/07/2025 | 15:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que máis de 2.400 persoas gozarán este verán dunhas vacacións en familia nas residencias públicas do Carballiño e de Panxón

A iniciativa ofrece ás familias a posibilidade de pasar unha estadía de seis noites a prezos asequibles e con prioridade para as numerosas, as de acollida ou as monoparentais

15/07/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros pon en valor o traballo de Alcer a prol da mellora da calidade de vida para as persoas con enfermidade renal crónica

Lembra que ata o 30 de xullo está aberto o prazo de solicitude das axudas para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF que xestiona a Consellería de Política Social e Igualdade

10/07/2025 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que a gratuidade da educación infantil permite a Galicia estar por riba da media nacional na escolarización de 0 a 3 anos

Aposta pola posta en marcha de servizos para impulsar a conciliación e a fixación de poboación

09/07/2025 | 14:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 226.000 € a apoiar a conciliación e fomentar a corresponsabilidade en once municipios de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá aos nenos e nenas que participan no programa Cerdido Corresponsable 2025 que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto na área recreativa O Castro.