Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.813 novas da área temática Áreas temáticas:

26/09/2026 | 10:50 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello de Calvos de Randín, parroquia de Randín

O lume iniciouse ás 13,36 horas do pasado xoves e segundo as últimas estimacións provisionais afecta 460 hectáreas

26/09/2026 | 10:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 205.000 euros as obras de acondicionamento da canella Jorge Ferreiro e da praza da Eiriña, no concello de Xunqueira de Ambía

As actuacións que se acometerán buscan rexenerar e poñer en valor estes viarios, situados na contorna da Colexiata de Santa María a Real e no ámbito de protección do Camiño de Santiago

26/09/2026 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora dúas novas paradas de autobús para dar servizo á parroquia de Traba, en Laxe

As paradas de Mórdomo e Matío entrarán en funcionamento o mércores 30 de setembro na liña IES Maximino Romero de Lema-Ponteceso

26/09/2026 | 10:19 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu máis de 2.200 persoas por 1.745 accidentes de tráfico durante o verán

Desde as 15,00 horas do venres 26 de xuño ata as 23,59 horas do domingo 6 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 2.237 chamadas por accidentes de tráfico

26/09/2026 | 10:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta concede sete bolsas de lectorados de lingua en universidades do Brasil, Croacia, España e Portugal

Estas persoas impartirán actividades relacionadas coa docencia, coa difusión e coa promoción do idioma, a cultura e a literatura galega, entre outras

26/09/2026 | 10:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará esta vindeira semana as obras de conservación e reforzo de firme nas autoestradas do Val Miñor (AG-57) e da Coruña-Carballo (AG-55)

Comeza a campaña de mellora de firmes que se realiza de xeito sistemático nesta dúas autoestradas, co obxectivo de garantir a calidade e a seguridade dos pavimentos

25/09/2026 | 23:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sitúa a Galicia como un referente na atención ás persoas con TEA na Gala solidaria Fundación Autismo Coruña

A conselleira de Política Social e Igualdade anunciou que a Xunta está a piques de rematar en Friol un centro integral para persoas con autismo pioneiro en España

25/09/2026 | 22:19 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Reigada

Afectou finalmente unha superficie total de 13,82 hectáreas, das cales 13,52 corresponden a monte raso e as 0,3 restantes a arborado