Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.187 novas da área temática Cultura:

13/05/2026 | 15:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Galicia impulsa a mentorización sobre a industria musical entre a mocidade coa primeira edición dunhas xornadas de convivencia a finais de maio en Muxía

Esta actividade enmárcase no programa deste ano do Camiño do emprendemento musical, organizado por Wake Up coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

13/05/2026 | 14:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta patrocina o novo festival Son e Mar Vigo, dous ciclos musicais gratuítos no porto con seis xornadas temáticas e preto de 50 artistas

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, presentaron o festival que se celebrará no peirao de Transatlánticos

13/05/2026 | 13:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre hoxe o prazo para inscribirse no programa de actividades de verán para maiores de 18

Trátase dunha das modalidades da campaña ‘Modo Verán Activo’ na que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca 160 prazas en cinco propostas

12/05/2026 | 15:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O colectivo ‘Egeria’ presenta o libro ‘Lugopoética 2025’, que conta coa colaboración da Xunta

O secretario xeral da Lingua, Valentín García; e o delegado territorial, Javier Arias, participaron na presentación da publicación, resultado de seis encontros con autores lucenses co fin de divulgar a riqueza e o potencial da creación poética na provincia

12/05/2026 | 15:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Mazaricos a divulgación do oficio dos zoqueiros dentro do proxecto Artesanía na Escola

A artesá Elena Ferro amosoulle esta mañá aos nenos e nenas do CEIP Víctor Sáenz de San Cosme de Antes o oficio da elaboración de zocos, como complemento á unidade didáctica Eu son zoqueira

12/05/2026 | 15:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Casa de Galicia en Madrid pon en valor o Corpus Christi de Ponteareas e a súa proxección internacional

O director da Casa de Galicia destacou as alfombras florais de Ponteareas como exemplo de Galicia Calidade

12/05/2026 | 14:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta lanza dúas convocatorias para promover a creación e difusión da danza co centro coreográfico e participar na ‘Quinzena de Almada’

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abre ata o 25 de maio as inscricións para realizar tres espectáculos, cun investimento total de preto de 55.000€

12/05/2026 | 12:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebra o Día dos Museos con máis dunha trintena de propostas nos seus equipamentos

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolve esta programación en 11 espazos poñéndoos en valor como lugares de aprendizaxe cultural e convivencia