Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.653 novas da área temática Economía:

30/09/2025 | 11:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta somete a exposición pública a nova Lei de cooperativas que impulsará actividades estratéxicas e simplificará trámites

Anunciouno o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, que hoxe visitou en Nigrán a cooperativa Donde viven los cuentos en compañía da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño

29/09/2025 | 14:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta avoga polo fortalecemento das relacións comerciais con China como mercado estratéxico para impulsar a internacionalización das empresas galegas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración subliñou a relevancia do encontro como espazo de colaboración público-privada para fomentar novas oportunidades de internacionalización e cooperación en mercados estratéxicos

28/09/2025 | 16:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza no 85 aniversario da Casa de Galicia de Nova York o labor desta entidade en prol da conservación e difusión da galeguidade nos EEUU

José González salientou o papel referente deste centro, que conta con arredor dun milleiro de persoas socias, no acompañamento á comunidade galega nos Estados Unidos, onde residen máis de 24.000 persoas

27/09/2025 | 10:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta celebrará a Semana Mundial do Espazo cun maratón de actividades para fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado da ESO

Enmarcado na Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo terá lugar en Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Nigrán do 7 ao 10 de outubro

26/09/2025 | 14:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica Galicia como comunidade líder en produción nacional de proteínas coa nova planta de Curtis

Destaca que o investimento permitirá a creación de 55 empregos directos, a maioría indefinidos

26/09/2025 | 12:22 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a importancia da combinación de economía e respecto polo medio ambiente para o desenvolvemento do litoral

Aposta polo diálogo directo e a colaboración co sector, que aporta arredor do 2% do PIB autonómico, para avanzar en proxectos de infraestruturas, dixitalización e transición enerxética

25/09/2025 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia avoga en Bruxelas por incrementar o investimento en redes eléctricas para favorecer a descarbonización no sector siderúrxico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, apoiou o Plan Europeo de Acción para o Aceiro e os Metais que busca reducir os gastos enerxéticos no sector industrial

24/09/2025 | 16:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama maior coordinación nos procesos de transición enerxética para avanzar na descarbonización da economía

Subliña que estamos nun momento clave no que cómpre abordar a necesidade de conxugar as diferentes fontes de xeración de enerxía renovable e a súa xestión, coa incorporación de novas tecnoloxías como a intelixencia artificial ou os sistemas de almacenamento