Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 484 novas da área temática Emigración:

07/03/2025 | 10:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda salienta na Arxentina as oportunidades laborais que ofrece o tecido empresarial autonómico para os galegos retornados

Destaca as feiras de emprego da Xunta como medidas pioneiras para atraer traballadores cualificados cos que cubrir vacantes en sectores estratéxicos

01/03/2025 | 11:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda viaxará á Arxentina e o Uruguai para apoiar as empresas galegas na captación de talento exterior e reforzar as relacións institucionais con estes países

Asistirá a unha das feiras de emprego organizadas pola Xunta dentro do seu plan para favorecer a atracción de persoas traballadoras cualificadas, co foco nos galegos da diáspora que desexan retornar

26/02/2025 | 15:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As axudas extraordinarias da Xunta para o retorno dos emigrantes galegos apoiaron máis de 5.400 familias nos últimos sete anos

José González explicou que estas achegas apoian as familias retornadas nos primeiros gastos na súa chegada a Galicia e que o Executivo autonómico destina a elas este ano un crédito inicial de 2,3 M€, que se poderá reforzar segundo a demanda

25/02/2025 | 12:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Román Rodríguez anuncia un programa de retorno de investigadores galegos no exterior para completar a maior aposta polo talento realizada nunca en Galicia

Esta liña de traballo sumarase á nova Fundación Galtia, que atraerá científicos de referencia mundial, e ao programa Oportunius, que capta investigadores ERC, as bolsas máis prestixiosas de Europa, ambos cun gran impacto económico

19/02/2025 | 12:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o labor de acompañamento e asesoría prestado pola oficina de retorno, que xa atendeu preto de 3.000 familias na área de Ourense

José González confirma esta iniciativa como unha ferramenta esencial para facilitar a integración sociolaboral dos galegos e galegas que deciden regresar á súa terra, ben apostando por un traballo por conta allea ou ben polo emprendemento

14/02/2025 | 16:20 | A Presidencia da Xunta

Belén do Campo visita en Muxía a Oficina móbil de retorno da Xunta, un recurso clave para facilitar a chegada dos galegos do exterior

Este servizo complementa as oficinas permanentes de atención ao retorno situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

12/02/2025 | 10:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

As axudas extraordinarias da Xunta para o retorno de persoas emigrantes poderán solicitarse desde o vindeiro 20 de febreiro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas dotada cun crédito inicial de 2,3 M€ —que se poderá reforzar segundo a demanda— e coa que se estima apoiar unhas 1.000 familias

09/02/2025 | 11:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta lanza a nova convocatoria de Escolas Abertas para impulsar a formación especializada dos docentes das entidades galegas do exterior

Esta iniciativa do Goberno galego promove a formación especializada para as persoas que imparten docencia nas entidades galegas do exterior, en actividades como baile, percusión, pandeireta ou cociña, entre outras

03/02/2025 | 17:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta dá a coñecer en Francia as oportunidades de atracción e retorno que ofrece Galicia aos investigadores

A Axencia Galega de Innovación e a Secretaría Xeral de Emigración participan na Asemblea Xeral da Sociedade de Investigadores Españois en Francia xunto ás tres universidades públicas de Galicia

02/02/2025 | 10:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral

Avalían o éxito de programas para facilitar a contratación dos galegos retornados ou a integración sociolaboral de estranxeiros