Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Formación:

26/09/2025 | 15:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta forma a 100 persoas desempregadas no programa integrado de Salceda cun investimento de 220.000 euros

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este venres o curso financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

25/09/2025 | 11:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 28 M€ en obras para mellorar os centros integrados de Formación Profesional

Neste momento están en execución cinco actuacións neste tipo de centros, cun orzamento de 7,6 M€ e xa hai comprometidas outras 10 intervencións

24/09/2025 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sinala a aula nómade do instituto Agra de Leborís, na Laracha, como un exemplo da calidade da FP

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visita o centro para coñecer esta experiencia piloto para a FP Básica de Peiteado e Estética e que conta con 18 alumnos

23/09/2025 | 14:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Cambre o papel dos obradoiros de emprego para formar profesionais e responder á crecente demanda no sector dos coidados

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Cambre no acto de clausura do obradoiro de emprego dual, ao que o Goberno galego concedeu preto de 442.000 euros, incluíndo incentivos á contratación

20/09/2025 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a aposta da 12ª ‘Pont-Up Store’ polo emprendemento innovador ligado ao territorio

José González destacou as 40 iniciativas que participan nesta edición da feira para presentar as súas ideas de negocio, que botan man da Intelixencia Artificial, da innovación aplicada a sectores como o agroalimentario ou da artesanía

19/09/2025 | 15:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 34 centros de FP contan con viveiros de empresas para apoiar proxectos do seu alumnado

A directora xeral de Formación Profesional visita os espazos do Centro Integrado de FP Audiovisual de Vigo que favorecen a inserción laboral da mocidade

17/09/2025 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a colaboración coas entidades sociais a prol do impulso de novas oportunidades profesionais para as persoas con discapacidade

José González louvou o labor fundamental dos servizos de orientación laboral como o desta asociación, apoiado pola Xunta e clave para acompañar as persoas con dano cerebral no seu proceso de inserción mediante itinerarios individualizados

16/09/2025 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o obradoiro ‘Reinicia XI’ que formou en carpintería e moble e atención sociosanitaria a dependentes a 18 alumnos de Ares, Mugardos e Fene

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na Alianza Aresana na entrega de diplomas deste obradoiro de emprego

16/09/2025 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e CDTI difunden as oportunidades de financiamento no ámbito da I+D+i en seguridade e a defensa

Celébrase unha xornada para preparar a empresas, centros tecnolóxicos, e universidades a aproveitar os novos fondos destinados á innovación neste sector