Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Portos:

30/10/2025 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o potencial industrial e enerxético do Porto Exterior da Coruña co impulso da nova terminal marítima de combustibles

A iniciativa está dotada con máis de 100 millóns de euros e permitirá operar tanto con produtos convencionais como con novos combustibles sostibles, incluíndo o amoníaco verde, o metanol e os biocarburantes

28/10/2025 | 12:29 | C. do Mar

Mar eleva o seu orzamento en 2026 ata os 225,6 M€ co fin de impulsar unha economía azul sostible e a competitividade da pesca e da acuicultura

Este esforzo inversor, que supón un 2,2% máis que o realizado no pasado exercicio e é o máis elevado dos últimos quince anos, dá resposta a un decálogo de liñas estratéxicas co que a Xunta aposta polo conxunto da cadea mar-industria galega

23/10/2025 | 18:18 | C. do Mar

A Xunta reforza a proxección e dixitalización das rulas galegas coa posta en marcha do portal web de comercialización ‘Lonxas Galegas 4.0’

Marta Villaverde destacou que esta actuación reafirma o compromiso do Goberno galego coa seguridade alimentaria, a rastrexabilidade dos produtos pesqueiros e a eficiencia na xestión comercial dos centros de venda e lonxas

18/10/2025 | 12:55 | C. do Mar

A Xunta contempla case 3 millóns de euros nos orzamentos 2026 para melloras nos portos da Mariña lucense

Marta Villaverde detallou as nove actuacións que se recollen para o vindeiro exercicio e que prevén un investimento plurianual de 21 millóns

17/10/2025 | 14:48 | C. do Mar

A Xunta promove unha Aula do Mar na Confraría de Arcade, destinada a impulsar e dar visibilidade á actividade pesqueira da zona

Será un espazo de comunicación transversal no que o sector poderá adquirir e compartir coñecementos entre o persoal técnico e científico e a propia veciñanza

16/10/2025 | 16:51 | C. do Mar

A Consellería do Mar prevé rematar o reforzo da ponte das Goritas en Cambados antes do próximo verán

Marta Villaverde visitou a dársena cambadesa para informar do investimento de 400.000 euros por parte de Portos de Galicia na rehabilitación desta infraestrutura e aumento da súa vida útil