Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 491 novas da área temática Enerxía:

20/11/2024 | 14:08 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña que a competitividade das empresas está vinculada á descarbonización e á implantación das enerxías renovables

“Temos que avanzar no autoabastecemento dos nosos territorios, ligar de forma indisoluble o desenvolvemento industrial e enerxético ao abaratamento da enerxía”, defende

20/11/2024 | 12:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros sanitarios co obxectivo de avanzar cara a neutralidade climática

Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e para facilitar información e orientación técnica

15/11/2024 | 14:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa no desenvolvemento dun corredor tecnolóxico transfronteirizo de mobilidade de hidróxeno renovable

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, intervén no acto divulgativo sobre o proxecto HI MOV na sede do Cetmar en Vigo

14/11/2024 | 17:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa as enerxías limpas coma o hidróxeno verde para situar Galicia á vangarda da transición enerxética

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, inaugura a IX Xornada sobre Hidróxeno Verde en Galicia (H2GAL 2024) que reúne a máis de 120 representantes de toda a cadea de valor

12/11/2024 | 15:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia da formación para a seguridade e saúde laboral no sector da minería

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou hoxe o II Seminario de operacións e mantemento, organizado por Finanzauto

10/11/2024 | 14:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta amplía o prazo ata o 9 de decembro para que as empresas turísticas soliciten as axudas de eficiencia enerxética

Establecementos de aloxamento e, por primeira vez, de restauración, poden presentar as súas solicitudes da convocatoria dotada de 10M€

08/11/2024 | 13:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o aval de expertos xuristas á tramitación ambiental dos proxectos eólicos en Galicia e urxe a resolver a parálise do sector na comunidade

Ángeles Vázquez salienta a necesidade de desbloquear o desenvolvemento desta enerxía renovable para cumprir os obxectivos marcados pola UE para descarbonizar o sistema enerxético e reducir a dependencia dos combustibles fósiles

08/11/2024 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá en 2025 máis de 5,6M€ en actuacións de eficiencia enerxética en case unha decena de xulgados da comunidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o edificio de xulgado de Caldas de Reis onde precisamente se levarán a cabo traballos por importe de 400.000 euros o próximo ano na renovación da iluminación, da climatización ou do illamento

06/11/2024 | 14:59 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reclama ao Goberno central unha rede de transporte eléctrica capaz de atender as demandas dos proxectos industriais de Galicia

Subliña que no 2025 o Executivo central tería que ter convocado e adxudicado o concurso para o nó das Pontes e que polo momento nin tan sequera está construída a subestación