Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 569 novas da área temática Exterior:

01/04/2025 | 19:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra o Día das Artes a Díaz Pardo como “xusto recoñecemento de Galicia ao innovador legado cultural dunha figura inmensa e irrepetible”

O responsable de Cultura do Goberno galego destaca que foi o artífice de proxectos tan relevantes como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside

01/04/2025 | 15:41 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia medra un 3,6% en número de viaxeiros aloxados en xaneiro e febreiro con respecto a 2024

O datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que 436.282 persoas aloxáronse na Comunidade nos meses de xaneiro e febreiro deste ano

29/03/2025 | 10:11 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia participa na feira B-TRAVEL 2025 para difundir a súa oferta entre o mercado catalán

Celébrase do 28 ao 30 de marzo no recinto de Montjuïc da Fira de Barcelona

28/03/2025 | 19:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a cooperación transfronteiriza como un aspecto clave na resposta fronte aos grandes desafíos do cambio climático

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, acudiron hoxe a unha xornada técnica de Protección Civil para poñer en valor os beneficios da colaboración entre Galicia e Portugal en prol da seguridade e coidado das comunidades

28/03/2025 | 15:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa ante un cento de persoas en México das oportunidades de retorno a Galicia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou na súa intervención as bolsas BEME, as de Talento FP e o programa Retorna Cualifica Emprego

28/03/2025 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE continúa a súa viaxe institucional por Honduras visitando os proxectos financiados pola Xunta no departamento de Choluteca

Nas últimas xornadas da visita coñeceu os proxectos de Solidariedade Internacional de Galicia en Choluteca, tanto para garantir a saúde da poboación como na asistencia e protección a persoas migrantes na fronteira suroriental de Honduras

27/03/2025 | 18:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia presenta á Comisión Europea a súa aposta pola supercomputación, a cuántica e a intelixencia artificial

Estas tecnoloxías, definidas como de alto impacto, teñen capacidade para promover unha transformación profunda e acadar un impacto económico relevante

27/03/2025 | 17:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mantén un encontro na Embaixada de España para reforzar a colaboración institucional en apoio aos galegos en México

Trátase da primeira xuntanza da viaxe institucional do secretario xeral da Emigración e o director de Turismo de Galicia a México que inclúe reunións coa colectividade galega e con empresarios galegos neste país

27/03/2025 | 15:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza os vínculos comerciais con EE.UU. coa vista posta na apertura de novas oportunidades de negocio para o tecido empresarial galego

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo cunha delegación estadounidense desprazada a Galicia e con responsables da Asociación de Industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime)

26/03/2025 | 10:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE visita os proxectos financiados pola cooperación galega en Honduras

Trátase das actuacións desenvolvidas no país a través de entidades como Enxeñería Sen Fronteiras, Amigas da Terra, Solidariedade Internacional de Galicia, SOLIDA ou Solidariedade Galega