Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.099 novas da área temática Vivenda:

31/01/2026 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concedeu en 2025 axudas a 377 mozos e mozas en 132 concellos para adquirir unha vivenda, mobilizando un investimento de 2,9 M€

Allegue subliñou que estas subvencións, de ata 10.800€, están dirixidas a menores de 36 anos e teñen como obxectivo axudar á mocidade a poder mercar unha vivenda en localidades de menos de 10.000 habitantes, contribuíndo a asentar poboación

30/01/2026 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras dun novo edificio de 49 vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, que suporán un investimento de 8,1M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación destas obras e establece un prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 16 de marzo

30/01/2026 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudicará por preto de 100.000€ o proxecto para a construción de 14 vivendas de promoción pública no concello de Arteixo

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia autorizou hoxe a contratación do proxecto para este inmoble, que se construirá no lugar de Vilarrodís

29/01/2026 | 15:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ana Ortiz destaca a concesión de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos en vivendas particulares da área de Vigo

A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou unha das actuacións levadas a cabo no municipio de Salvaterra de Miño

29/01/2026 | 14:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda pide ás empresas construtoras a súa colaboración para cumprir o obxectivo de chegar ás 10.000 vivendas públicas en 2030

Destaca que á meta marcada ao inicio da lexislatura de duplicar o parque de vivenda pública con 4.000 novas vivendas en 2028 súmase agora o novo proxecto de construír 2.000 máis nos próximos anos

29/01/2026 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello de Vigo abre o ano con novos proxectos para rehabilitar e crear máis vivenda coa compra dun novo edificio e unha licencia para O Berbés

A delegada territorial da Xunta e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, asistiu este xoves ao consello de administración do organismo autónomo

28/01/2026 | 17:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue subliña que as vivendas ofertadas en Vigo pola entidade estatal Casa 47 teñen alugueiros 1,4 puntos por riba da vivenda libre e case 7 máis que as promovidas pola Xunta

Detallou que o alugueiro destas vivendas é de 8,8€/m2, fronte aos 7,4 do importe medio en Vigo, ou a franxa entre 1,2 e 2€/m2 das vivendas públicas da Xunta

28/01/2026 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concedeu no 2025 axudas a dúas cooperativas por un total dun millón de euros para a construción de 108 vivendas protexidas en Oleiros

A Administración autonómica concedeu unha achega de 160.000€ para a construción das 16 vivendas protexidas, cuxas obras en execución visitou a conselleira

27/01/2026 | 18:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/01/2026 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 17 ofertas para a redacción do proxecto de 21 vivendas públicas en Bueu

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) promoverá estas vivendas, que suporán un investimento aproximado de 4M€, e construiranse en tres parcelas que o Concello cedeu nas Lagoas