Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 568 novas da área temática Familias:

03/09/2025 | 09:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Galicia pon en marcha un proxecto pioneiro para medir o impacto real das terapias innovadoras en pacientes con dexeneración macular

O presidente da Xunta agradeceu ao director executivo de Roche Pharma Internacional o seu interese por impulsar acordos pioneiros coa sanidade pública de Galicia

01/09/2025 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que o Bono Coidado no Fogar beneficia xa a 33.000 persoas e permitiu duplicar o número de dependentes que son atendidos na contorna familiar

Salienta a boa acollida desta axuda directa de 5.000€ anuais para todos os dependentes atendidos no seu domicilio sen importar o seu nivel económico

29/08/2025 | 12:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas para garantir a gratuidade das escolas infantís municipais, cun investimento de máis de 8 millóns de euros

Máis de 32.000 familias galegas poderán beneficiarse, un ano máis, da atención educativa gratuíta na etapa 0-3 tanto en centros da Xunta, como dos concellos, de iniciativa social ou privados

28/08/2025 | 13:16 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 90.000 € obras de mellora na escola infantil de Burela

Este verán deuse continuidade aos traballos de renovación das fachadas do edificio, cos que se está a mellorar o seu illamento térmico e climatización

27/08/2025 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellora a climatización e aforro enerxético da escola infantil pública autonómica de Vilaboa

Destináronse preto de 16.000 euros a esta actuación, que evitará que o interior do inmoble acade altas temperaturas no verán e reducirá o consumo da calefacción no inverno

26/08/2025 | 13:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con preto de 55.000 euros as melloras das cubertas e fachadas das dúas escolas infantís que ten no Porriño

O obxectivo é mellorar o illamento térmico fronte a humidades e favorecer o aforro enerxético dos centros, situados no polígono de Torneiros e na rúa Doantes de Sangue

25/08/2025 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o concello de Cerdedo-Cotobade ultiman obras de mellora na escola infantil pública de Tenorio

Os traballos consisten na renovación da envolvente e de zonas exteriores de xogo, e teñen un custo de 48.000 euros